“VERÁS, VERÁS QUE TE VOU A CUNTAR” CO TI MARTIÑO. EPISODIO 3 episode artwork

EPISODE · Nov 13, 2022 · 40 MIN

“VERÁS, VERÁS QUE TE VOU A CUNTAR” CO TI MARTIÑO. EPISODIO 3

from Retrato Sonoro

Benvidas e benvidos a este novo Retrato Sonoro con “Verás, verás que te vou a cuntar” co Ti Martiño, en Sons Podcasts. Episodio número 3, e como che avancei no capítulo anterior falaremos da relación coa morte destes lugares. E cando falamos destes lugares, tamén nos referimos a todos en todo momento e todas partes, algo co que as persoas tiveron, temos e terán que lidiar… a morte. Nas contas de Retrato Sonoro nas diferentes redes sociais, Twitter, Instagram ou Facebook, hai unhas peciñas de vídeo moi interesantes onde tamén podes ver apuntes do que hoxe te presentamos. Estas pezas son escollidas e editadas por Emmanuel Vázquez. Comezaremos escoitando a Martiño falar de como as crianzas nestas épocas, influenciadas polos contextos relixiosos e católicos, tomaban con inocencia a morte de, por exemplo, unha irmá pequena. Pasaremos logo polas costumes dos loitos. Gardábanse en función do parentesco coa finada ou finado. Falaremos da medicina, dos médicos que chegaban a maior das veces máis tarde que cedo ás enfermidades. Como estes mesmos médicos dicían, que daquela había de ter certa sorte para sanar, médicos que non tiñan os medios, medicina moi precaria. Logo unha anécdota no que Martiño nos contará dun irmán del, Emilio, militar nun cuartel dos arredores de Madrid, que enfermou, teóricamente mellor atendido que na propia Teixeira e cunhas prescricións médicas cando menos, dubidosas. E concluiremos coa curiosidade de que, trala morte do seu irmán, óptase por inhumar do xeito máis económico posible, e sen moito desprazamento, pois sempre haberá quen se lucre das mortes, imaxina nun traslado Madrid – Teixeira, La Tejera… escoita. Como sempre, Jordi (Sr_Mirindo) é o editor deste podcast e responsable de Sons Podcasts; e Fidel Mouzo a persoa que escoitas.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Nov 13, 2022

Embed this episode

NOW PLAYING

“VERÁS, VERÁS QUE TE VOU A CUNTAR” CO TI MARTIÑO. EPISODIO 3

0:00 40:00

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Retrato Sonoro?

This episode is 40 minutes long.

When was this Retrato Sonoro episode published?

This episode was published on November 13, 2022.

Can I download this Retrato Sonoro episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!