EPISODE · May 20, 2026 · 34 MIN
Vídeo-pódcast 'Resto Cero' | Lixo espacial
from UCC+i da UVigo · host Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo
O programa 'Resto Cero' xira arredor de diferentes accións de divulgación e participación cidadá, cuxo eixo fundamental é unha serie de vídeo-podcast realizado nas radios escolares de catro centros educativos das contornas dos tres campus. Nestes espazos, o alumnado de primaria e secundaria entrevista o persoal investigador da Universidade de Vigo que traballa en ámbitos como a enxeñaría química ambiental, o dereito, a enxeñaría aeronáutica, a arte ou a economía circular aplicada ao tecido empresarial galego.Neste episodio sobre lixo espacial, o alumnado do CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio é quen fai as preguntas. Vera e África conversaron cos investigadores Carlos Ulloa Sande, do GTA Grupo de Tecnoloxías Aeroespaciais, e Eva Fernández Rodríguez, do grupo de investigación Medea Iuris Crea. Un podcast conducido por Gabriel Fuentes e producido pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo co gallo da conmemoración do Día Internacional de Lixo Cero. Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
Embed this episode
Ready to play
Vídeo-pódcast 'Resto Cero' | Lixo espacial
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.
Similar Podcasts
No similar podcasts found.