Onda San Pío X podcast artwork

PODCAST · education

Onda San Pío X

Podcast oficial da radio escolar do Colexio San Pío X de Ourense. Aquí te contaremos nuestras historias, hablaremos de deportes... para que te informes con nuestras noticias y grandes primicias, entrevistas, moda y cocina llena de vitamina... Aquí tamén estamos para falar de Ourense e Galicia, o noso fogar! #PequenaGranEscola

  1. 21

    P21: A Pío League 2026 xa está en marcha!

    Carla, Ander e Juan presentan un dos proxectos máis emocionantes do final de curso: a PÍO LEAGUE, o gran torneo deportivo do Colexio San Pío X. Ao longo do podcast descubriredes como se desenvolverá esta competición e todas as novidades, na que participará o alumnado de primaria. A PÍO LEAGUE nace co obxectivo de fomentar a práctica deportiva, o traballo en equipo, o respecto e a participación de todo o alumnado nun ambiente festivo e cheo de emoción.

  2. 20

    P20: María Arias, mestra e futbolista

    Neste podcast coñeceremos un pouco mellor a María Arias, a nosa mestra de AL e tamén xogadora do equipo Estrela de Cortegada. Martina e Inés, alumnas de 3º de primaria prepararon unha entrevista moi especial para descubrir máis cousas sobre a súa vida, o seu traballo no colexio e a súa afección polo deporte. Falaremos dos seus gustos, das súas experiencias e de como compaxina ser mestra e deportista. Un podcast cheo de curiosidades, preguntas divertidas e moita ilusión.

  3. 19

    P19: Falamos dos maios

    Neste podcast, Xoel, Lucía, Izan, Iago, Carly e Candela, de 3º de primaria, achegáronnos á tradición dos Maios, festa que celebra o inicio da primavera e sobre a cal traballaron na aula facendo tamén as súas propias figuras.

  4. 18

    P18: ONDA DEPORTIVA: Tras os carteis... movemento!

    Durante semanas vistes carteis dentro do colexio sen saber moi ben a que facían referencia. A espera chegou ao seu fin. Uxía, Lois, Valery e Abel, de 2º de primaria, toman os micrófonos para revelar o segredo mellor gardado destes meses. Trátase dun reto. Esta iniciativa nace desde a área de educación física cun obxectivo claro: recuperar o xogo e combater o sedentarismo. Nunha época na que as pantallas gañan terreo queremos que os nosos peques volvan ser os donos do movemento. Dádelle ao play e escoitade con moita atención!

  5. 17

    P17: Iris e Carla, gañadoras do concurso da Nena e a Ciencia da Uvigo

    Neste episodio falamos con Iris e Carla, gañadoras do I Concurso de Creación Artística do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Este certame é unha iniciativa da Facultade de Ciencias e das Escolas de Aeronáutica e Enxeñaría Informática, co apoio da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo. O obxectivo do concurso é achegar o coñecemento sobre o papel das mulleres na ciencia e na enxeñaría, así como poñer en valor as súas achegas ao desenvolvemento humano ao longo da historia. Durante a conversa, Iris e Carla cóntannos como foi o proceso creativo das súas propostas, que as inspirou e que significa para elas participar nunha iniciativa que visibiliza o talento feminino no ámbito científico. Os galardóns entregáronse ao alumnado o venres 20 de febreiro pola tarde no campus de Ourense, no marco da celebración da feira eXXperimenta en Feminino.

  6. 16

    P16: FGA nas aulas!

    Neste podcast entrevistamos á Federación Galega de Automobilismo, xa que recibimos a súa visita no cole. Durante a xornada aprendemos sobre como se preparan pilotos e equipos, puidemos gozar dunha exhibición de vehículos e incluso subir neles! Un xeito divertido e próximo de sentir a emoción do motor!

  7. 15

    P15: O triángulo máxico do Entroido ourensán

    Neste episodio de Onda San Pío X falamos do Entroido ourensán desde unha perspectiva divertida e educativa. Contamos coa participación de Brais, Dylan e Adriana (5º de primaria) e Raúl, Andrés e Martín (6º de primaria), que se caracterizaron como Pantalla, Cigarrón e Peliqueiro para explicar as historias, tradicións e curiosidades destes personaxes emblemáticos. A través das súas intervencións descubrimos o triángulo máxico do Entroido, aprendendo sobre a súa importancia cultural e a riqueza desta festa tan querida en Galicia.

  8. 14

    P14: Descanso de pastores · festIAval de Nadal 2025 (5º de primaria)

    Actuación de 5º de primaria no festIAval de Nadal 2025 celebrado o 18 de decembro de 2025 no salón de actos do centro coas familias. Un grupo de pastores vai camiño do Portal e, entre bromas e “paradas” para descansar, reflexiona sobre que agasallo levarán ao Neno. A obra transforma as risas en mensaxe: o máis importante non é o material, senón os agasallos invisibles (axudar, compartir, perdoar, levar paz...). Remata lembrando que Belén empeza onde escolles querer un pouco máis.

  9. 13

    P13: La Navidad despierta · festIAval de Nadal 2025 (4º primaria)

    Actuación do alumnado de 4º de primaria no festIAval de Nadal 2025 celebrado o 18 de decembro de 2025 no salón de actos do centro coas familias. Trátase dun fermoso poemario, onde o inverno, o obradoiro do norte, a carta, a estrela, a noite de ledicia e un agasallo invisible axudan a espertar por dentro.

  10. 12

    P12: Entrevista ás gañadoras do concurso Jóvenes y Mayores 2025

    Neste episodio entrevistamos a Uxía e Claudia, alumnas de 5º de primaria e gañadoras do 1º e 3º premio do concurso “Jóvenes y Mayores” organizado por La Región e a Fundación Dorzán. Ademais de explicarnos en que constitiu este certame tamén nos contan como viviron a entrega de premios e o ben que o pasaron nesta experiencia única que conecta xeracións.

  11. 11

    P11: Cros en Monterrei

    Olivia, Marco, Luana e Ander comparten a súa experiencia na carreira de cros de Monterrei, unha actividade xa clásica do colexio dentro do programa Xogade, na que participou o alumnado de 2º, 3º, 4º e 5º de Primaria. No podcast falan do que sentiron antes de comezar, dos momentos máis especiais do percorrido e das emocións ao cruzar a meta, nun episodio que recolle á perfección o espírito de superación e convivencia deportiva.

  12. 10

    P10: 25N: somos voz, no violencia.

    Neste episodio especial, o alumnado de 5º de primaria pon voz á conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Mentres soa a canción Ni una más de Aitana, cada estudante le unha mensaxe que invita á reflexión e ao compromiso. A través destas palabras breves pero cheas de forza, lembramos o que podemos facer no colexio e na casa para construír relacións baseadas no respecto: coidar a nosa linguaxe, rexeitar calquera forma de discriminación, apoiar a quen o precisa, compartir tarefas, escoitar con empatía e dicir sempre NON Á VIOLENCIA.

  13. 9

    P09: Participamos no V Concurso de Ciberseguridade no cole! (Non gañamos pero aprendemos moito)

    Neste episodio, Martín, Leo, Valery, Eimy e Raúl (6º de primaria) contan a súa experiencia participando no V Concurso de Ciberseguridade no Cole! organizado por Telefónica e Cibergal. Aínda que nesta ocasión non conseguimos pasar á fase final en Santiago, a experiencia foi fantástica e permitiu aprender moitísimas cousas sobre o mundo dixital e a seguridade en internet. Ao longo do podcast explican como se preparou toda a aula empregando materiais do INCIBE, escoitando charlas e contos do seu titor, moi útiles para comprender mellor conceptos clave. E para rematar, xogaron ao noso Ciberpalabra, un pasapalabra especial con termos relacionados con internet e a ciberseguridade.

  14. 8

    P08: REPORTAXE: San Martiño de Tours

    Neste episodio falamos do San Martiño, figura clave nas tradicións de Ourense e protagonista do festivo local. Sofía, Leire, Pablo e Thelma (5º de primaria) explican quen foi, a súa historia e a relación cos magostos, unha das festas máis queridas na nosa contorna. Un repaso sinxelo traballado coa súa mestra de ciencias sociais para comprender mellor as nosas tradicións!

  15. 7

    P07: Vaia Samaín!

    Neste episodio mergullámonos na máxica tradición do Samaín, unha festividade de orixe celta celebrada o 31 de outubro en Galicia e noutras rexións como Irlanda e Escocia. Grazas a Xoel, Martina, José e Lucía descubrimos a historia, as crenzas e as tradicións que rodean esta festa, desde as cabazas decoradas ata o popular "truco ou trato". Falamos tamén de como o celebramos no cole, recibindo a visita dun mago, facendo talleres e xogando a xincanas.

  16. 6

    P06: ONDA DEPORTIVA: Corremos a San Martiño 2025

    Neste primeiro podcast de Onda Deportiva, un espazo dedicado ao deporte, Sara, Brais e Adriana falan da XLVIII Carreira do San Martiño 2025 que se celebrará en Ourense o vindeiro domingo 9 de novembro.

  17. 5

    P05: ROMPER EL SILENCIO. ¡No al bullying!

    Neste episodio especial de Onda San Pío X, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria únese para alzar a voz contra unha realidade que nunca debería pasar desapercibida: o acoso escolar. A través de mensaxes curtas, os estudantes convídannos a romper o silencio, a fomentar a empatía e a construír xuntos un espazo escolar máis seguro, respectuoso e solidario. Este programa non só busca concienciar sobre a importancia de actuar fronte ao acoso, senón tamén render un emotivo homenaxe á memoria dunha rapaza española cuxa historia recente nos lembra de forma desgarradora a urxencia de comprometernos coa prevención e o acompañamento. ✨ Un episodio cheo de sensibilidade, compromiso e esperanza, creado desde o corazón.

  18. 4

    P04: Sabores que unen (Visitamos a Cooperativa Loureiro)

    Neste episodio falamos da nosa visita á Cooperativa Loureiro con motivo do Ano Internacional das Cooperativas 2025. Descubrimos como se elaboran queixos, iogures, kéfir e leite fresca, exploramos o seu laboratorio e fábrica, e comentamos a mestura de procesos mecanizados e de artesanía no seu envasado. Ademais, compartimos as nosas impresións tras a degustación dos seus produtos e reflexionamos sobre a importancia das cooperativas na nosa economía e comunidade.

  19. 3

    P03: Entrevista a Julia Aguiar: la fuerza de una vocación que sana.

    A primeira entrevista de Onda San Pío X... e agardamos que cheguen moitas máis! Nesta entrega contamos coa presenza de Julia Aguiar, misioneira e referente mundial no tratamento da úlcera de Buruli, recentemente galardoada co Premio Beata Paulina Jaricot 2025. Os alumnos de 3º e 4º de primaria, Inés, Javier, Juan e Carla, baixo a guía do noso párroco e mestre de relixión Luis Rodríguez, realizáronlle algunhas preguntas na que Julia compartiu a súa experiencia, os retos e os aprendizaxes que marcou a súa vocación solidaria e sanitaria. Unha conversa inspiradora sobre compromiso, empatía e o poder de axudar aos demais.

  20. 2

    P02: Pequenos versos, grandes voces

    Allison, Anxo, Amelie, Álex e Izan, alumnos de educación infantil, convídannos a mergullarnos no mundo da poesía a través das súas voces cheas de tenrura e emoción, recitando versos que inclúen unha peza de Gloria Fuertes. Un episodio para escoitar co corazón aberto e deixar que a poesía máis cativa nos envolva.

  21. 1

    P01: Aquí comeza Onda San Pío X

    Dámosvos a benvida ao primeiro episodio da nosa radio escolar! Comezamos esta viaxe sonora falando do equipo que recibimos o curso pasado grazas ao programa #PolosCreativos da Consellería de Educación. Contamos como fixemos as primeiras probas, as normas que consensuamos para que todo funcione ben e, sobre todo, os grandes temas que imos explorar ao longo deste curso.

Type above to search every episode's transcript for a word or phrase. Matches are scoped to this podcast.

Searching…

We're indexing this podcast's transcripts for the first time — this can take a minute or two. We'll show results as soon as they're ready.

No matches for "" in this podcast's transcripts.

Showing of matches

No topics indexed yet for this podcast.

Loading reviews...

ABOUT THIS SHOW

Podcast oficial da radio escolar do Colexio San Pío X de Ourense. Aquí te contaremos nuestras historias, hablaremos de deportes... para que te informes con nuestras noticias y grandes primicias, entrevistas, moda y cocina llena de vitamina... Aquí tamén estamos para falar de Ourense e Galicia, o noso fogar! #PequenaGranEscola

HOSTED BY

colexiosanpiox

CATEGORIES

Frequently Asked Questions

How many episodes does Onda San Pío X have?

Onda San Pío X currently has 21 episodes available on PodParley. New episodes are automatically indexed when they're published to the podcast feed.

What is Onda San Pío X about?

Podcast oficial da radio escolar do Colexio San Pío X de Ourense. Aquí te contaremos nuestras historias, hablaremos de deportes... para que te informes con nuestras noticias y grandes primicias, entrevistas, moda y cocina llena de vitamina... Aquí tamén estamos para falar de Ourense e Galicia, o...

How often does Onda San Pío X release new episodes?

Onda San Pío X has 21 episodes. Check the episode list to see recent publication dates and frequency.

Where can I listen to Onda San Pío X?

You can listen to Onda San Pío X on PodParley by clicking any episode. We provide an embedded audio player for direct listening, and you can also subscribe via your preferred podcast app using the RSS feed.

Who hosts Onda San Pío X?

Onda San Pío X is created and hosted by colexiosanpiox.
URL copied to clipboard!