PODCAST · history
A GALIZA e o GALEGO
by Mohawk
Bocadinhos da história galega nos seus diferentes aspectos: sociais, políticos, linguísticos, etc... Para compreendermos um pouco melhor a história e a língua da Galiza...
-
150
O escándalo da língua galega. A problemática do léxico galego - Carlos Garrido
O galego "oficial" do ILG-RAG, concretamente o seu léxico, é um verdadeiro despropósito no vocabulario escolhido como "normativo". Explica-se aqui esta problemática, ao tempo que se dá outra alternativa mais sensata e coerente. Procede dumha palestra do professor Carlos Garrido na livraria Cartabón, em fevereiro do 2022, a propósito da apresentaçom do seu livro "O escándalo do léxico galego".
-
149
O Modelo Lexical galego
A propósito da apresentaçom do livro "O Modelo Lexical Galego" de Carlos Garrido, presidente da Comissom Lingüistica da Associaçom de estudos Galegos na Livraria Cartabón de Vigo, no 2025. O Modelo Lexical Galego é umha interessantíssima proposta para revitalizar o idioma galego, de forma que o seu léxico fique coordenado co português sem perder a súa idiosincrasia própria.
-
148
Festas da historia - A Romaría Vikinga de Catoira - Manuel Gago
O Museo Provincial de Lugo celebrou no 2025 as primeiras xornadas sobre "A invención da tradición", organizadas pola Sección de Historia da Real Academia Galega. Nesta ocasión, Manuel Gago imparte esta palestra sobre a Romaría vikinga das Torres do Oeste de Catoira.
-
147
Festas da historia - A Festa da Reconquista de Vigo - Luís Domínguez
O Museo Provincial de Lugo celebrou no 2025 as primeiras xornadas sobre "A invención da tradición", organizadas pola Sección de Historia da Real Academia Galega. Nesta ocasión, impártase unha palestra sobre a festa da "Reconquista" de Vigo.
-
146
Festas da historia - A Festa da Istória de Ribadavia - Anselmo López Carreira
O Museo Provincial de Lugo celebra no 2025 as primeiras xornadas sobre "A invención da tradición", organizadas pola Sección de Historia da Real Academia Galega. Nesta ocasión, Anselmo López Carreira imparte a palestra "A Festa da Istoria de Ribadavia".
-
145
Festas da historia - O Arde Lucus de Lugo - José Carlos Sánchez
O Museo Provincial de Lugo acolle a primeira sesión das xornadas "A invención da tradición", organizadas pola Sección de Historia da Real Academia Galega. O 4 de xuño, José Carlos Sánchez Pardo imparte unha palestra sobre o "Arde Lucus: a vida romana vista nunha festa actual".
-
144
O reino medieval galego - Anselmo López Carreira
Extrato editado da entrevista que lle fixeron a Anselmo López Carreira en "Orgullo Galego" no 2022, sobre o reino galego medieval.
-
143
Xogo de tronos no século XI - David Porrinas
Entrevista ao historiador David Porrinas, na que fala do século XI e a chegada da dinastía navarra ao reino da Galiza, á corte de León, así como das "operacións especiais de comando" no que morrian reis e... mudaban destinos... Provén do capítulo "Juego de Reinos y Taifas. El Cid", no podcast "Bellumartis", onde se pode escuitar íntegramente.
-
142
Galiza no século XII. A independencia de Portugal - Anselmo López Carreira
Entrevista radiofónica a Anselmo López Carreira sobre a Galiza medieval do século X, o núcleo cristián noroccidental da península ibérica. Provén do programa da Radio Galega "Polos camiños da historia" do 2018.
-
141
Galiza no século XI. A Era Compostelá - Anselmo López Carreira
Entrevista radiofónica a Anselmo López Carreira sobre a Galiza medieval do século XI, na chamada "Era Compostelá". Provén do programa da Radio Galega "Polos camiños da historia" do 2018.
-
140
Galiza no século X - Anselmo López Carreira
Entrevista radiofónica a Anselmo López Carreira sobre a Galiza medieval do século X, o núcleo cristián noroccidental da península ibérica. Provén do programa da Radio Galega "Polos camiños da historia" do 2018.
-
139
A poesia de um reino. O esplendor das cantigas galego-portuguesas - Leticia Erin
Palestra editada da filóloga Leticia Erin sobre a literatura medieval trovadoresca galego-portuguesa. Provém das jornadas "A língua e o reino. Entre Compostela e Braga" do 2023
-
138
A plena normalidade linguística do galego medieval - Francisco Rodríguez
Palestra editada de Francisco Rodríguez sobre o uso normalizado do galego medieval. Provém das jornadas "A língua e o reino. Entre Compostela e Braga" do 2023
-
137
O foro de Castro Caldelas NOM é o primeiro documento em galego - Antonio Souto Cabo
Entrevista ao filólogo Antonio Souto Cabo no 2024 sobre os inícios do galego escrito. Provén do podcast "Descifrando a historia" onde está íntegro.
-
136
Os escravos galegos de cuba
En 1854, uns 1.770 galegos saíron enganados hacia Cuba na procura dunha vida mellor, e acabaron escravizados nas plantacións de açucar. A operación, impulsada pola oligarquía crioula, apoiada pola Casa Real e dirixida polo, tamén galego, Urbano Feixó, rematou coa fuxida ou coa morte de centos de galegos desprazadas alí. Procede de Documentos de RNE.
-
135
O galego é xa minoritario. Emerxencia linguística.
Conversa con Marcos Maceira e Elsa Quintas (Presidente e Vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística) na Asociación cultural Roxin Roxal despois dos alarmantes dados do IGE publicados pasado 11 de outubro do 2024. Por vez primeira en séculos, o galego xa é o idioma minoritario na Galiza!! E é que o Galego, malia a súa teórica oficialidade, sofre un continuo menosprezo e coaccións para poder usalo libremente na Galiza. Ou é que alguén pensa que pode usar libremente o galego, sen ningún problema, na súa propria terra?... Abonda coa propia vontade para usar o galego?... Ou existen impedimentos materiais, situacións de coaccións ou condicionantes de calquera tipo que obstaculizan o seu libre desenvolvemento?... Pode materializarse o seu uso en todos os ámbitos?...Ten a presenza necesaria para aseguralo? Podemos dispor dela en todo e para todo?... A resposta, infelizmente é un rotundo NON.
-
134
O galego. Entre un pasado brillante e un futuro incerto - Xosé Ramón Freixeiro Mato
Palestra do filólogo Xosé Ramón Freixeiro Mato no 2024 sobre a historia da língua galega. Dun pasado brillante na Idade Media ao seu incerto futuro na actualidade. A propósito do libro do autor publicado pola Fundación Moncho Reboiras no 2023 "A estrela que nos guia. O galego entre un pasado brillante e un incerto futuro": "A lingua galega é o maior patrimonio que o conxunto da sociedade galega actual recibiu como herdanza das persoas que historicamente as precederon como habitantes do antigo reino da Galiza (...) O galego áchase neste momento en grave perigo e de nada valería edulcorarmos o seu estado."
-
133
Que é o que está a acontecer co galego?... Encontros sobre a língua 02
Organizado pola AGLP (a Academia Galega da Língua Portuguesa) no 2021, celebrou-se este II Encontro sobre a situaçom do galego na atualidade. Teresa Moure é a moderadora dum debate no que participam diversos escritores e sociolingüístas como Celso Álvarez Cáccamo, Miguel Anxo Fernán Vello, Pilar Garcia Negro, Olivia Penas e Elias Torres Feijó.
-
132
Que é o que está a acontecer co galego?... Encontros sobre a língua 01
Encontro de distintos representantes do movimento associativo galego defensores da língua galega (Eliseu Mera pola AGAL, Marcos Maceira pola Mesa pola normalización, Santiago Quiroga pola Gentalha do Pichel, ou Antia Cortiças pola Fundaçom Cultural Artábria, etc...) sobre a situaçom do galego na atualidade, promovido pola AGLP (a Academia Galega da Língua Portuguesa). Aínda que este encontro aconteceu o 8 de maio do 2021, tem toda a atualidade e interesse, especialmente despois da publicaçom dos últimos dados sobre o uso do galego polo IGE.
-
131
O espírito revolucionário de Antolín Faraldo - Daniel Seixo
Palestra de Daniel Seixo no 2022 sobre a figura de Antolín Faraldo e o seu espírito revolucionário, e a revoluçom galega de 1846.
-
130
A grande revolta Irmandiña e Xoán Branco
Palestra de Fran Zabaleta no 2022 sobre o século XIV na Galiza, a Grande Revolta Irmandinha e Xoán Branco. É autor do libro "Xoán Branco e a gran revolta irmandiña" Xoán Branco, notario e escribán de Betanzos, foi un dos dirixentes máis representativos da grande revolta irmandiña de1467 - 1469, o único capitán xeneral, que se saiba, que non procedía do estamento nobiliario. Ergueuse contra os seus señores, derrubou castelos e fortalezas, ordenou o axustizamento de malfeitores e acudiu perante o rei Henrique IV en representación da Santa Irmandade Galega. A súa morte, tras o fin da Irmandade, está rodeada de misterio...
-
129
Rosalía de Castro. Detalles biográficos - Anxo Angueira
Palestra de Anxo Angueira sobre Rosalía de Castro no 2022 , o primeiro ano no que se celebrou por vez primeira o verdadeiro día do seu nascimento (o 23 de febreiro)
-
128
Desvendando Rosalía De Castro e a súa obra - Francisco Rodríguez
Palestra de Francisco Rodríguez Sánchez a propósito da apresentación do seu último libro sobre Rosalía De Castro "Desvendado Rosalía e a súa obra"
-
127
Liberdade para o galego. Abonda coa propia vontade persoal para falar galego?
Palestra a propósito da apresentación do libro "Liberdade para o Galego", de Elsa Quintas e Marcos Maceira, membros da "Mesa pola normalización lingüística" e "Queremos Galego", na libraría Cartabón. Libro moi acaído, tras sabermos que, POR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA, o galego é minoritario na Galiza. Os últimos datos del Instituto Galego de Estadística (IGE), publicados este 11 de outubro, revelan que a porcentaxe de residentes na Galiza que empregan exclusivamente o galego xa non é maioritario, como até agora. A situación é alarmante entre os máis novos. Un terzo dos menores entre 5 y 14 años (32%) confesa saber "pouco o nada" de galego. Ademais, só un 7% deste grupo usa exclusivamente o galego. Por que é que acontece isto? Realmente podemos usar o galego sen problema e únicamente é que estamos optando polo castelán?... Abonda coa propia vontade para falarmos sen problema en galego?... Ou existen impedimentos materiais, situacións de coaccións ou condicionantes de calquera tipo que obstaculizan o seu libre desenvolvemento? Pode materializarse o seu uso en todos os ámbitos? Ten a presenza necesaria para aseguralo? Podemos dispor dela en todo e para todo?...
-
126
A nación galega. Tempo, historia e nación - Anselmo López Carreira
Palestra editada de Anselmo López Carreira na Semana Galega da Filosofía do 2024 co título de "Tempo, historia, nación" referido á constitución da nacionalidade galega ao longo do tempo, no transcurso da súa historia. Desde cando nos recoñecemos como galegos?... Por qué o movimento nacionalista contemporáneo foi (e é) relativamente feble?... Galiza é unha nación, non hai dúbida. Cumpre con todos os requisitos para isto e posúe unha potente bagaxe identitaria. Conta, polo tanto, cunha clara consciencia nacional, aínda que esta sexa «larvada» (Castelao). Apresento esta palestra editada no discurso que considero máis esencial para a súa mellor comprensión. Anselmo López Carreira (Vigo, 1951) licenciouse en Xeografía e Historia na Universidade de Santiago de Compostela en 1976 e doutorouse na mesma Universidade en 1994. Foi catedrático de Secundaria en varios institutos e profesor-titor na UNED, así coma "Doutor Vinculado" no Instituto de Estudios Galegos «Padre Sarmiento»-CSIC. É todo un referente no redescubrimento e a reinvindicación da importancia do reino da Galiza.
-
125
Os tempos da represión ao galego - Carlos Callón
Palestra de Carlos Callón na Semana Galega da Filosofía do 2024 de Pontevedra intitulada "O galego e o inconsciente" sobre a longa represión do galego durante séculos. Isto foi coallando no inconsciente colectivo da nosa sociedade... e reflectíndose no actual estado de minorización e perda de falantes que sufrimos. Temos constancia documental de castigos físicos por falar en galego na escola desde a primeira metade do século XVI até avanzados os anos 70 do século XX. Á violencia física contra todas esas xeracións de crianzas hai que sumar as humillacións, as burlas, a vergoña..., rexistradas tamén antes e despois desas datas. Este trauma colectivo é de tal proporción que, nun grao ou noutro, afectou a todas as familias galegas. Que restos deixou tanta brutalidade? Que débedas simbólicas cargamos polas seculares tentativas de lingüicidio? Como podemos encarar estas feridas para que libren o paso a un futuro diferente?... Carlos Callón (Ribeira, 1978) é profesor de Xeografía e Historia no Instituto Español de Lisboa e doutor en Estudos Galego-portugueses. Entre os varios títulos que publicou salientan os ensaios "Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez" (2012), "O libro negro da lingua galega" (2022, Premio da Crítica Galicia de Investigación), "Como defenderes os teus dereitos lingüísticos" (2011, Premio Redelibros). É presidente de honra da Mesa pola Normalización Lingüística (a maior asociación cultural de Galiza), entidade que dirixiu entre 2002 e 2014. Tamén presidiu durante dous anos o Comité de Estado da Axencia Europea das Linguas Minoradas.
-
124
Ánxel Casal, editor galeguista
Palestra de Xosé María Dobarro Paz no 2005 sobre a faceta de Anxel Casal como un dos máis importes editores galeguistas do século pasado. Ánxel Casal tivo unha vida curta, pero intensa, militando nas Irmandades da Fala e no Partido Galeguista. En 1923 foi o director e o principal promotor das Escolas de ensino Galego. Fundou a Editorial Lar e a Editorial Nós, de onde saia o xornal de A Nosa Terra. Foi alcalde de Compostela polo Partido Galeguista e asasinado por razóns ideolóxicas en agosto do 36.
-
123
A música da memoria galega - Mini e Mero
Palestra-concerto de Mini e Mero no 2005 sobre as cantigas e a música popular galega. Xosé Luís Rivas Cruz (Mini) e Baldomero Iglesias Dobarrio (Mero) son músicos, poetas, mestres e investigadores do folclore e a cultura tradicionais galegos, membros históricos de Fuxan os Ventos e actuais compoñentes do grupo musical de A Quenlla.
-
122
A normativa do idioma Galego 04 - José Martinho Montero Santalha
Última parte da palestra de José Martinho Montero Santalha no 2003 sobre as as dúas principais normas que regulan o idioma galego: a isolacionaista (autonómica ou divergente) ou a reintegracionista (etimológica ou convergente)... E qual é o a alternativa mais coerente e apropriada. José Martinho Montero Santalha é um linguista galego comprometido, desde o início, co proceso normativizador e coa defensa do reintegracionismo actual.
-
121
A normativa do idioma Galego 03 - José Martinho Montero Santalha
Terceira parte da palestra de José Martinho Montero Santalha no 2003 na que alude a distintas citas de diversos linguistas que apoian ou apoiaron a alternativa reintegracionista para regular a normativa do idioma galego. José Martinho Montero Santalha é um linguista galego comprometido, desde o início, co proceso normativizador e coa defensa do reintegracionismo actual.
-
120
A normativa do idioma Galego 02 - José Martinho Montero Santalha
Segunda parte da palestra de José Martinho Montero Santalha no 2003 sobre distintos aspectos da normativa que regula o idioma galego, e a idoneidade da norma aplicável: a isolacionaista (autonómica ou divergente) ou a reintegracionista (etimológica ou convergente) José Martinho Montero Santalha é um linguista galego comprometido, desde o início, co proceso normativizador e coa defensa do reintegracionismo actual.
-
119
A normativa do idioma Galego 01 - José Martinho Montero Santalha
Primeira parte da palestra de José Martinho Montero Santalha no 2003 sobre as dúas normas principais do Galego: a isolacionaista (autonómica ou divergente) e a reintegracionista (etimológica ou convergente) José Martinho Montero Santalha é um linguista galego comprometido, desde o início, co proceso normativizador e coa defensa do reintegracionismo actual.
-
118
A inxustificada ocultación do reino suevo - Anselmo López Carreira
Palestra de Anselmo López Carreira no 2010 sobre a constitución do reino da Galiza polos Suevos.
-
117
Fases da historia do reino medieval da Galiza - Xosé Ramón Ermida Meilán
Fragmento da palestra de Xosé Ramón Ermida Meilán no 2022, no que expón cláramente as distintas fases históricas da evolución do reino medieval da Galiza
-
116
Realidade e relato na historia do reino da Galiza - Anselmo López Carreira
Palestra de Anselmo López Carreira no 2010, na cidade de Ourense, sobre a historia e o falso relato historiográfico sobre o reino medieval da Galiza.
-
115
O reino da Galiza baixo medieval. Os Castro, os Trastámara e os Irmandiños - Anselmo López Carreira
Palestra de Anselmo López Carreira no 2009, nas "Jornadas de história" no Campus de Ourense, sobre o reino da Galiza durante a Baixa Idade Media, desde a unión, en 1230, da coroa galego-leonesa e castelá.
-
114
O reino da Galiza fundado polos Suevos - Anselmo López Carreira
Palestra de Anselmo López Carreira do 2005 sobre o reino galego dos suevos subida de novo. Esta palestra foi exposta en Ourense no 2005, dentro das "Jornadas para recuperar a memória"
-
113
O reino medieval da Galiza e as fontes historiográficas - Anselmo López Carreira
Entrevista no 2014 a Anselmo López Carreira por José Manuel Barbosa, sobre o reino da Galiza e as fontes historiográficas do mesmo.
-
112
Asturias e León ESTABAN dentro do reino medieval da Galiza - Anselmo López Carreira
Fragmento interesantísimo e clarificador extraído da entrevista realizada a Anselmo López Carreira en Radio Allariz no 2004, no que fala do reino da Galiza e o territorio que comprendía.
-
111
Al-Andalus e o reino da Galiza desde o 711 - Anselmo López Carreira
Fragmento da entrevista a Anselmo López Carreira na Radio Allariz no 2024, no que describe que acontece coa Galiza cando finaliza o reino visigodo pola chegada dos musulmáns á península ibérica no 711.
-
110
O reino medieval de Galicia - Entrevista Anselmo López Carreira
Entrevista radiofónica a Anselmo López Carreira en Cuac FM no 2020 sobre a Galiza medieval e a súa historia.
-
109
O professor Carvalho Galego e a súa faceta pedagógica - Ramón Reimunde Norenhe
Palestra de Ramón Reimunde Norenhe no 2011 sobre a faceta docente de Carvalho Calero e o seu ideário pedagógico, influido pola renovaçom que provocou a "Institución de Libre Enseñanza"
-
108
Ensino popular e renovación pedagóxica na Galiza republicana - Antón Costa Rico
Palestra de Antón Costa Rico no 2011 sobre a renovación pedagóxia e o ensino popular na Galiza antes da guerra civil.
-
107
O Grupo Nós e o movimento reintegracionista
Palestra de Ernesto Vázquez Souza no 2011 sobre a geraçom e o Grupo Nós, nascido nos primeiros anos do século XX, e a súa influência no movimento reintegracionista actual.
-
106
Das Irmandades da Fala ao Partido Galeguista - Uxio-Breogán Diéguez Cequiel
Palestra do historiador Uxio-Breogán Diéguez Cequiel no 2005 sobre a emergência do nacionalismo galego de pre-guerra, desde as Irmandades da Fala em 1916 até o Partido galeguista em 1936, e o posterior estoupido da guerra civil em 1936
-
105
Exilio galeguista en México na guerra civil e cultura galega - Ricardo Gurriarán
Palestra de Ricardo Gurriarán sobre o exilio galeguista de Florencio Delgado Gurriarán en México, e a cultura galega que agromou neste país. A propósito da homenaxe a Florencia Delgado Gurriarán no 2022.
-
104
Exilio galeguista en México na guerra civil e cultura galega - Xurxo Martínez
Palestra de Xurxo Martínez sobre o exilio galeguista en México, e a cultura galega que agromou nese país. A propósito da homenaxe a Florencia Delgado Gurriarán no 2022.
-
103
A obra poética de Florencio Delgado Gurriarán - Miro Villar
Palestra de Miro Villar sobre a obra poética de Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado nas Letras Galegas do 2022.
-
102
Florencio Delgado Gurriarán. Biografía no exilio - Ricardo Gurriarán
Palestra de Ricardo Gurriarán sobre a vida no exilio en México de Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado polas Letras Galegas no 2022.
-
101
Florencio Delgado Gurriarán. Biografía antes do exilio - Ricardo Gurriarán
Palestra de Ricardo Gurriarán sobre a biografía de Florencio Delgado Gurriarán antes do exilio, homenaxeado polas Letras Galegas 2022
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
ABOUT THIS SHOW
Bocadinhos da história galega nos seus diferentes aspectos: sociais, políticos, linguísticos, etc... Para compreendermos um pouco melhor a história e a língua da Galiza...
HOSTED BY
Mohawk
CATEGORIES
Loading similar podcasts...