EPISODE · Jun 3, 2024 · 3H 55M
A tarde 03-06-2024
from Todos os podcast | A tarde
No programa de hoxe cruzamos a fronteira para achegarnos ao concello de Taramundi e coñecer as súas galiñas e os seus famosos ovos campeiros. Tamén aproveitaremos para falar dun novo establecemento que abrirá en Compostela e que se basea nos sabores da aldea: os chicharróns e o chourizo. A biblioteca madeiras do mundo é un proxecto de Agustín Bastón que podemos visitar en Cangas. A súa colección do "ecoespazo" medra ata os 240 exemplares. Manuel Legazpi, pianista e profesor naronés, preséntanos o seu método de estudo 'Piano Azul I' e continuamos falando dos máis lonxevos na historia coa historiadora María Lara Martínez. O doutor Norberto Proupín pasa consulta para falarnos da dor crónica, xa que cada vez máis doentes acoden ao médico por mor desta cuestión. Pola súa banda, Carlos Grabiel Fernández lévanos de visita á igrexa de San Ourente, en Entíns-Serra de Outes e rematamos o programa escoitando a canción 'Voume de festa', o novo sinxelo de DJ Sonic xunto a Tss Proyect e Irantzu.
NOW PLAYING
A tarde 03-06-2024
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Mar 26, 2026 ·1m
Jan 2, 2026 ·47m
Dec 21, 2025 ·46m