EPISODE · May 5, 2025 · 3H 56M
A tarde 05-05-2025
from Todos os podcast | A tarde
A xefa de Medicina Preventiva do CHUAC explícanos como manter unha correcta hixiene de mans. O presidente da asociación Olivarnoia, José Antonio Torres, cóntanos como están recuperando a produción de aceite na localidade ourensá de Arnoia. Coñecemos as queixas que lles trasladan á Xunta os pais que quedaron sen praza no Colexio Compañía de María de Vigo. Falamos con Iván Carril dos calotes relacionados co "gran apagamento" e co presidente de Facua Galicia, Víctor Muñoz, das estafas mediante chamadas perdidas procedentes do estranxeiro. Eva Pividal preséntanos o seu obradoiro de elaboración de cosmética natural. O doutor Norberto Proupín danos consellos para previr o cancro de colon e sabemos para que se creou unha cátedra de Protección Civil e Xestión de Emerxencias na Universidade da Coruña coa axuda do seu coordinador, Daniel Lorenzo, e do xefe de bombeiros de Ferrol, Quique Suárez.
NOW PLAYING
A tarde 05-05-2025
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Mar 26, 2026 ·1m
Jan 2, 2026 ·47m
Dec 21, 2025 ·46m