EPISODE · Oct 6, 2023 · 3H 57M
A tarde 06-10-2023
from Todos os podcast | A tarde
Falamos con Angel Puza da Tintorería Imperial sobre este traballo e sobre a loita contra as manchas. Nesta primeira hora tamén tivemos unha clase con Floro Andrés Rodríguez para saber recoñecer cogomelos e para collelos correctamente: con navalla e xamais en bolsas de plástico! O noso colaborador latinista Xosé Antonio López Silva veu falarnos na súa Vía Clásica do deus Marte, mentres que o noso outro colaborador de venres, Agustín Vázquez, decobreunos o mundo do turismo mineiro. Ademais, a psicóloga María Esclapez estivo de visita estes días por Galicia e veu presentar aos micros da Radio Galega ‘Tú eres tu lugar seguro’, a súa última publicación. Para pechar o programa falamos con Candela Pascual, Manuel Ortigueira, Alberto Castellanos e Andrea Iglesias sobre o Clube de Debate Compostela e sobre a importancia da oratoria en moitos ámbitos e niveis da vida.
NOW PLAYING
A tarde 06-10-2023
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Mar 26, 2026 ·1m
Jan 2, 2026 ·47m
Dec 21, 2025 ·46m