EPISODE · Jan 8, 2026 · 3H 56M
A tarde 08-01-2026
from Todos os podcast | A tarde
Débese prohibir escoitar música ou cantar no traballo? Hai quen pensa que si. Nós preguntámoslle se é legal facelo ao avogado José Carlos Bouzá. Conversamos sobre os efectos da exposición precoz ás pantallas co presidente do Colexio Profesional de Enxeñeiros Informáticos de Galicia, Fernando Suárez. Pulsamos a vitalidade da industria cosmética galega con Miguel de la Calle, fundador de Chorima Cosmética Atlántica. A alcaldesa de Cee, Margot Lamela, cóntanos como é a nova campaña de imaxe que lanza o eu concello. Dende Begonte Juan Carlos Fernández cóntanos a canto se está vendendo a leña este inverno. Estíbaliz Osorio explícanos dende Palmés a linguaxe das campás. Percorremos as bibliotecas de Vigo e da Coruña para falar cos estudantes que preparan alí os seus próximos exames. Damian Rozas guíanos pola exposición "Bicos de cine" na Fundación Manuel Moldes. Ademais Tito Lesende dinos como se presenta o ano musical en Galicia e Nusca Chousa tráenos os seus consellos para coidar a horta.
NOW PLAYING
A tarde 08-01-2026
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Mar 26, 2026 ·1m
Jan 2, 2026 ·47m
Dec 21, 2025 ·46m