EPISODE · Oct 9, 2025 · 3H 56M
A tarde 09-10-2025
from Todos os podcast | A tarde
Vai de premios. Celebramos o Premio Nacional de Circo outorgado á compañía galega Pista Catro falando con dous dos seus compoñentes, Belén Brandido e José Exposito. Felicitamos ao fotógrafo sonense Adolfo Enríquez pola Cámara de Ouro que lle outorgaron nos One Eyeland Awards. Aplaudimos ao oleirense Lucas Yañez por acadar o Campionato de Europa de Patinaxe Artística. Acudimos ao 15 aniversario da Casa da Música de Chantada. No Día Mundial da Visión Alexander Dubra cóntanos como protexer os nosos ollos. Falamos do medo coa sicóloga María Esclapez, autora de "Tu miedo es tu poder". A coordenadora do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Andrea García, descríbenos os proxetos que desenvolve en Mozambique para facilitar a educación de milleiros de rapaces. Asistimos en Cesantes á botadura dunha réplica do bote que axudou a salvar ducias de xudeus durante a segunda guerra mundial. Na Coruña interesámonos pola plataforma creada polos veciños de Novo Mesoiro para atopar "manitas". Explicamos o traballo dos carteiros rurais en Ourense. Ademais temos as seccións de Tito Lesende e Nusca Chousa.
NOW PLAYING
A tarde 09-10-2025
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Mar 26, 2026 ·1m
Jan 2, 2026 ·47m
Dec 21, 2025 ·46m