EPISODE · Nov 10, 2025 · 3H 56M
A tarde 10-11-2025
from Todos os podcast | A tarde
O médico e tamén atleta Pepín Rioseco explicanos que lle aporta o exercicio físico á saúde das persoas maiores. Teo Cardalda e María Monsonis, "Cómplices", fálannos do video "Galicia tiene flow", que patrocinou a Xunta. Asistimos á primeira poxa de centola da campaña na lonxa do Grove. Acudimos en Vigo á apertura do clásico mercado de Nadal da Asociación Española contra o Cancro. Xosé Luis Reza preséntanos os Premios da Cociña Galega. Iván Carril explícanos como funcionan as balizas de emrxencia que deberemos levar no coche a partir do 1 de xaneiro. Recollemos as queixas dos taxistas da Coruña pola proliferación de VTC. Serxio Núñez e José Vázquez, dous dos compoñentes de Tiruleque, preséntannos o seu disco "Repichoca". Roberto Araujo recoméndanos mercar unha "cociña económica". Andrea Jamardo proponnos lecturas relacionadas co San Martiño e o antropólogo Rafael Quintiá cóntanos mais cousas sobre as tradicións relacionadas con esta festa.
NOW PLAYING
A tarde 10-11-2025
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Mar 26, 2026 ·1m
Jan 2, 2026 ·47m
Dec 21, 2025 ·46m