EPISODE · Nov 12, 2025 · 3 MIN
A tarde 12-11-2025
from Todos os podcast | A tarde
As medidas para previr a gripe aviar teñen entre as súas consecuencias o aumento do prezo dos ovos. Escoitamos a consumidores e produtores. O presidente da Asociación Galega de Avicultura con posta, Rodrigo García, explícanos como se preparan as granxas para protexerse do andazo. Imos a Caldas para recoller as protestas dos veciños que se opoñen á construción dunha variante entre a AP9 e o porto de Vilagarcía. Lorena Nieto cóntanos como van ser as travesías en barco pola ría de Vigo que organiza a navieira Mar de Ons este Nadal. Marcelino Agís, presidente da Academia Xacobea, preséntanos o Congreso Internacional Xacobeo e Fran Villasesín o Festival Outono Codax. A veterinaria Lucía Veiga fálanos das aventuras dos gatos fóra do seu fogar. Alberto Fernández, de Aceites Abril, avanza como será a colleita de oliva en Galicia. Preguntámoslle á axente de viaxes Chus García a onde se desprazarán os galegos este Nadal. O doutor Proupín ilústranos sobre a diabetes.
NOW PLAYING
A tarde 12-11-2025
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Mar 26, 2026 ·1m
Jan 2, 2026 ·47m
Dec 21, 2025 ·46m