EPISODE · Nov 13, 2025 · 3 MIN
A tarde 13-11-2025
from Todos os podcast | A tarde
Existe a bondade? Hai máis persoas boas ca malas?. Carlos Juiz, director de Cáritas Interparroquial de Santiago, sostén que si e o argumenta. Coñecemos a Mar Capeáns, unha física compostelá que traballa no Laboratorio Europeo de Física de Partículas en Xenebra. A concelleira de Promoción Económica de Pontevedra, Anabel Gulías, explícanos en que consiste o programa Pontevedra Capital Gastro e por que crearon unhas degustacións especiais para peregrinos no mercado da cidade. Tamén en Pontevedra imos ao encontro de Ramón Bertolo, o vendedor do cupón da ONCE agraciado cun millón de euros. En Ourense comezan os Xogos Nacionais de Fútbol Sala de Special Olympics e sobre eles nos fala Eladio Fernández, presidente da entidade organizadora. Temos o Nadal ás portas e a directora do hotel NH de Vigo cóntanos como se preparan os hosteleiros da cidade. Esclavi Fernández descríbenos como no lugar de Vendanova, en Caselas, os veciños fan a decoración con material reciclado, e na Coruña visitamos un establecemento que sortea unha cesta de Nadal que inclúe noites de hotel, unha televisión e diñeiro en efectivo. Presentamos aos gañadores do Premio Xuventude Crea na sección de videoxogos. Visitamos a igrexa de Santa María de Nogueira en Chantada. Tito Lesende convídanos ao Underfest de Vigo e Nusca Chousa danos os seus axeitados consellos para coida-la horta.
NOW PLAYING
A tarde 13-11-2025
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Mar 26, 2026 ·1m
Jan 2, 2026 ·47m
Dec 21, 2025 ·46m