EPISODE · Oct 15, 2025 · 3H 56M
A tarde 15-10-2025
from Todos os podcast | A tarde
Falamos de mudanzas cos oíntes, cunha profesional do sector, Natalia Manzano, e coa nosa amiga Virtudes. Que disfraces veremos no Samaín? Sábeo Sara Tizón, da empresa Don Disfraz. O escritor lugués Francisco Narla preséntanos a súa novela "Ze, hielo y viento". Escuchando Elefantes estrea disco e del nos fala unha das compoñentes do dúo, Silvia Rábade. Conversamos coa promotora da única escola de flamenco de Galicia, Sandra Calderón. En Castroverde coñecemos a Víctor Millares, un home que o deixou todo pola apicultura. O loteiro Andrés Martínez trasládanos as queixas do seu gremio pola baixa comisión que cobra pola venta dos boletos. Carlos Alonso lévanos a unha visita guiada ao remodelado Cine Fraga de Vigo. O doutor Proupín explícanos que é a soriase. Ademais estreamos sección. Ricardo Alonso traeranos clásicos da música e as súas versións.
NOW PLAYING
A tarde 15-10-2025
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Mar 26, 2026 ·1m
Jan 2, 2026 ·47m
Dec 21, 2025 ·46m