EPISODE · Dec 16, 2025
A tarde 16-12-2025
from Todos os podcast | A tarde
Por que en España termos uns horarios de comida diferentes aos doutros paises? Son os máis convenientes para o noso modo de vida? O sociólogo e antropólogo Carlos Diz responde a estas preguntas. Imos a Monfero para coñecer o segredo dos grelos do Val de Xestoso. Falamos dos programas de inclusión que desenvolve a asociación Poten100mos coa súa fundadora, Cristina De La Puente. Probamos os turróns artesanais que elaboran na pastelería Arva de Ourense. Eladio Fernández, das Asociación Galega San Francisco, explícanos como se prepara o Belén vivente que crean as persoas con discapacidade cada Nadal en Vigo. Falamos do auxe da fotografía de estudo con Alberto Uzal. A directora do Centro de Arte da Fundación María José Jove, Susana González, cóntanos como vai ser a terceira edición do encontro de arte contemporánea Dentro-Fóra. Conversamos sobre o espectáculo "José Afonso ao vivo" co seu director, Gonzalo Amorim, e unha das participantes, Inés Salvado. Miguel Queixas, batería da banda tributo a Dire Straits, Brothers in Band, convídanos ao concerto que realizarán no pazo da Ópera da Coruña. Maximino Pérez debulla a campaña de vixilancia que desenvolverá a DGT durante o Nadal.
NOW PLAYING
A tarde 16-12-2025
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Mar 26, 2026 ·1m
Jan 2, 2026 ·47m
Dec 21, 2025 ·46m