EPISODE · Sep 17, 2025 · 3H 56M
A tarde 17-09-2025
from Todos os podcast | A tarde
Seguimos a participación de Adrian Ben na final dos 1.500 metros dos mundiais de Atletismo e comentámolo con Andrés Díaz, que aínda mantén o record galego nesa distancia. Falamos con Patricia Pérez, da asociación Aspace, dunha campaña para fomenta-lo bo uso das prazas de aparcamento para persoas con mobilidade reducida. Presentamos unha nova serie de Agalega.gal , "Estudante 360", que dirixe Xulia Lomba. Hai 25 anos que se musealizou o xacemento romano Domus do Mitreo de Lugo. Conversamos con Dolores Dopico, a súa directora. Coñecemos a Tamara Pazos, unha bióloga galega que se pasou ao terreo da divulgación científica. A xornalistas Ana Marcos traenos o seu libro "A mi no me ha pasado nada", unha investigación sobre a violencia sexual contra as mulleres no mundo do cine. Despedimos a xoiería Amor, que pecha as súas portas na Coruña tras 140 anos de existencia. Conversamos con Uxío Pérez sobre as orixes da banda deseñada en Galicia e Rafael Quintiá ilústranos sobre a cultura galega do viño.
NOW PLAYING
A tarde 17-09-2025
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Mar 26, 2026 ·1m
Jan 2, 2026 ·47m
Dec 21, 2025 ·46m