EPISODE · Nov 17, 2025 · 3H 53M
A tarde 17-11-2025_to_mp3
from Todos os podcast | A tarde
Visitamos no Irixo a Cooperativa Santa Mariña de Loureiro para que o seu xerente, Francisco Vázquez, nos explique como elaboran iogures, queixo e Kefir. Unha árbore da Coruña, un metrosidero de 200 anos, e candidata a árbore do ano en España. Xosé Alfeirán cóntanos a súa historia. Entrevistamos á cantante de Catoira Arantxa Pérez, "La Filomena". Baldomero Iglesias traenos o seu Catálogo de cantar de cego galego". A logopeda Alba Canai danos argumentos para defender a conveniencia de que o seu gremio lle ofreza atención temperá aos bebés prematuros. Felicitamos a Daniel Gómez, presidente do Club Raza Can de Palleiro, pola obtención do certificado de calidade ISO 9001. Rememoramos coa presidenta de Gatocan, Beatriz Martín, o momento en que a asociación foi agraciada cun premio da lotería de Nadal. Iván Carril recoméndanos ter moito coidado coas tarxetas SIM dos nosos teléfonos e o antropólogo Rafael Quintía descúbrenos ritos para nos protexer das treboadas.
NOW PLAYING
A tarde 17-11-2025_to_mp3
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Mar 26, 2026 ·1m
Jan 2, 2026 ·47m
Dec 21, 2025 ·46m