EPISODE · Jan 19, 2026 · 3H 56M
A tarde 19-01-2026
from Todos os podcast | A tarde
Imos á festa dos Fachós en Castro Caldelas. Sobre ela fálanos a alcaldesa, Sara Inés Vega e unha veciña, Sonia Álvarez. O entroido está ás portas. Este ano chega con polémica en Xinzo pola iniciativa de organizar viaxes á vila que inclúen consumo de alcool. Queremos saber que pensa diso a presidenta da Asociación Comisión do Entroido de Xinzo, Adriana Jiménez. Tamén conversamos con Antón Cao, da Asociación Cultural Entroido As Bonitas, de Cartelle, porque foi convidada a participar no Festival de Surva, en Bulgaria, que está declarado Patrimonio Cultural da Unesco. Celebramos o 30 aniversario dos Duplex, os únicos cines que aínda funcionan en Ferrol. Debatemos sobre o hábito de consumir flocos de millo nos cines e sobre iso recabamos a opinión de Luis Ribadulla, xerente dos Minicines Central da Estrada. Alba Chantada e Pepe Caamaño explícannos en que consiste o proxecto de investigación sobre o uso da lingua galega nos camposantos "Palabra e memoria". Asistimos a unha mobilización de protesta do sector da pesca artesanal e pasamos por Adamuz, o lugar onde se produciu o terrible accidente de tren a pasada fin de semana. Ademais, Andrea Jamardo traenos algunhas propostas literarias.
NOW PLAYING
A tarde 19-01-2026
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Mar 26, 2026 ·1m
Jan 2, 2026 ·47m
Dec 21, 2025 ·46m