EPISODE · Oct 21, 2025 · 3H 56M
A tarde 21-10-2025
from Todos os podcast | A tarde
Disque cada vez a xente lle pasa menos o ferro á roupa. Para saber se é certo consultámosllo a Marifé Fernández, que ten unha tinturería nas Pontes. Raul Villares lévanos á sede do grupo Cuevas en Ourense para que nos expliquen como transforman as castañas en marrón glacé. Sés preséntanos o seu libro-disco "Nadando na incerteza". Conversamos co fotógrafo ourensán Iván Nespereira. O presidente da Asociación de Empresarios de Autoescolas de Ourense, Luis Novoa, explícanos os cambios que se incorporan ao exames do carné de conducir. Maximino Pérez cóntanos como serán os neumáticos do futuro. Coñecemos a Carmen Arias, unha luguesa de 22 anos que conduce un camión de recollida de lixo e participa en rallys. Mónica Maneiro fálanos da exposición "Perfección e incertidume", que se pode visitar no CGAC. Thai Suárez convídanos ao mercado de cerámica, plantas e creatividade sustentable Lama Zeta, que se vai desenvolver na Coruña. Nesa mesma cidade imos saber como se recibiu a noticia de que as instalacións universitarias serán espazos libres de fume e imos a Vigo para asistir ao comezo da conta atrás do Nadal.
NOW PLAYING
A tarde 21-10-2025
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Mar 26, 2026 ·1m
Jan 2, 2026 ·47m
Dec 21, 2025 ·46m