EPISODE · Nov 21, 2025 · 3H 56M
A tarde 21-11-2025
from Todos os podcast | A tarde
Falamos en directo con Papa Noel en Vigo. Descubrimos en Silleda as novidades da Feira do transporte de Viaxeiros por Estrada, Expobus. Despedimos a Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman, as actrices da Panadaría, antes da derradeira función da compañía. Comentamos co economista Venancio Salcines a afirmación de Elon Musk de que nun futuro próximo o traballo será opcional. O presidente do Colexio Profesional de Enxenería en Informática de Galicia, Fernando Suárez, danos algúns consellos para non ser vítimas de cibercalotes no Black Friday. Pedro Volta convídanos á novena edición do Festival Internacional de Ilusionismo de Galicia. Pasamos polo mercadiño benéfico que se instalou no Cantón da Coruña para recadar fondos para a cociña económica. Falamos da seguridade das mantas eléctricas e o astrónomo Borja Tosar explícanos como traballan os taikonautas, os astronautas chineses.
NOW PLAYING
A tarde 21-11-2025
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Mar 26, 2026 ·1m
Jan 2, 2026 ·47m
Dec 21, 2025 ·46m