EPISODE · May 22, 2024 · 3H 57M
A tarde 22-05-2024
from Todos os podcast | A tarde
Entrevista ao gañador cubano do Grammy Latino, Iván Melón Lewis, que actuou no XXVI Festival de Jazz de Primavera de Ourense. Francisco Almuiña, presidente da Federación Galega de Turismo Rural falounos das expectativas do sector cara a este verán en Galicia. No “Sen Butacas” de Moncho Lemos falamos da serie “Somos o que comemos” sobre un experimento con 21 parellas de xemelgos sobre alimentación omnívora e vegana con curiosos resultados. Entrevista a María Vivó, de “Mamás en Acción”, unha ONG que acompaña a menores hospitalizados que están sós. No día da diversidade biolóxica, a nosa colaboradora Xiana Albor achegounos a un convidado que sabe moito do tema: Cosme Damián Romay, biólogo e membro do Grupo Naturalista Hábitat. Daniel Canales, investigador de Amnistía Internacional, reuniuse con Flor Baena, irmá dun dos cinco fusilados polo Franquismo 27 de setembro de 1975 tras a anulación da condena do seu irmán Xosé Humberto na Lei de Memoria Democrática. Dous pontevedreses impulsan unha nova hipótese sobre a orixe galega de Cristóbal Colón: xudeu e de Pontevedra. Entrevista á artista camariñá Belém Tajes, que vén de publicar o seu último e luminoso single, "Fuego eléctrico”.
NOW PLAYING
A tarde 22-05-2024
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Mar 26, 2026 ·1m
Jan 2, 2026 ·47m
Dec 21, 2025 ·46m