EPISODE · May 22, 2025 · 3H 56M
A tarde 22-05-2025
from Todos os podcast | A tarde
Hai persoas ás que "lles custa" devolver as cousas que lles prestan. É un hábito extendido? Preguntámosllo a alguén que presta a diario, a directora da biblioteca pública de Pontevedra, Pilar Fernández. David Ballesteros cóntanos como é o campamento de verán que organiza a Tecnópole de Ourense no que se ensina a pilotar drons e avións. A ecoloxista Mari Diaz fálanos dos cirrios que nestes dias podemos ver voar en Galicia. Catamos o viño nas rotas que organizan as denominacións de orixe da provincia de Ourense e a cervexa no Festival Birraseto de Vigo. A tesoureira da Federación de Libreiros de Galicia, Patricia Porto, explícanos que podemos atopar na Feira do Libro Antigo e de Ocasión de Compostela. Avaliaremos a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre o asasinato de Samuel Luiz falando con Ana Fernández, representante dunha das acusacións. Escoitamos o novo disco dos composteláns Samesugas, "White fire" e Nusca Chousa danos consellos para coida-la horta.
NOW PLAYING
A tarde 22-05-2025
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Mar 26, 2026 ·1m
Jan 2, 2026 ·47m
Dec 21, 2025 ·46m