EPISODE · Nov 25, 2025 · 3H 56M
A tarde 25-11-2025
from Todos os podcast | A tarde
Prestamos atención ao Día Internacional de Eliminación da Violencia da Muller. Falamos cunha vítima de malos tratos e co policía que a protexía sobre os erros do sistema Cometa que controla a aplicación de as ordes de alonxamento dos agresores. Conversamos coa directora do Centro de Información á Muller de Coirós, Raquel Montero. Juan Bonhome explícanos como se conciencia aos escolares sobre a necesidade de expresar consentimento nas relacións sexuais. Temos máis protagonismo feminino. Falamos con Begoña Pernas, presidenta dunha cooperativa de estibadoras en Burela. Marisa Castro preséntanos o seu libro "Soño de liberdade" e Mónica Maneiro comenta a exposición "She is unusual", das artistas Lula Goce, Lara Pintos, Cristina Fernández e Ana Jarén. Ademais o bailador Artur Puga explícanos en que consiste o seu proxecto "As pegadas do baile". Suso Maseda dinos como incorporar o exercicio físico a nosa vida. Abrimos o libro "Os rótulos da nosa vida" en compaña de dous dos seus autores, Jorge Lens e Ana Cocho. Escoitamos a nova versión do tema "4 almas", de Dani Costas. O avogado Luis Garnil asesóranos sobre as repercusións fiscais dos sorteos de cestas de Nadal e Maximino Pérez aborda os riscos que supón a proliferación de furgonetas de reparto nas estradas.
NOW PLAYING
A tarde 25-11-2025
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Mar 26, 2026 ·1m
Jan 2, 2026 ·47m
Dec 21, 2025 ·46m