EPISODE · Jan 28, 2026 · 3H 56M
A tarde 28-01-2026
from Todos os podcast | A tarde
Poñémonos nostálxicos para lembrar os anuncios da nosa vida e preguntámoslle a un experto, o publicista Isaac González, cal é o secreto para facer unha boa campaña publicitaria. Beatriz Sieira, da tenda Chimpos de Santiago, suxírenos disfraces para este entroido. Coñecemos a Guillermo Villafañez, un premiado chocolateiro de Culleredo. Falamos con Ángeles Huerta, directora da película "Antes de nós", na que retrata a cara máis íntima de Castelao. Aser Álvarez, autor do documental "Expediente Velo", descúbrenos a historia deste mestre antifascista de Celanova. A doutora en neurociencia Noelia Sanmartín proponnos tomarnos a vida con calma e sentidiño no seu libro "Has venido a vivir". O presidente do Colexio Profesional de Enxeñeiros Informáticos de Galicia, Fernando Suárez, conciéncianos sobre a importancia de protexer os nosos datos en internet. Xosé Manuel Lobato convídanos á Feira da Filloa de Lestedo. Marta Prado ábrenos a porta da súa tenda de comestibles en Lugo, que funciona hai máis de medio século. Comentamos o informe que describe a precariedade en Galicia con Pilar Farjas, de Cárits Diocesana de Santiago. O doutor Proupín explícanos o que é comose trata o herpes labial.
NOW PLAYING
A tarde 28-01-2026
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Mar 26, 2026 ·1m
Jan 2, 2026 ·47m
Dec 21, 2025 ·46m