EPISODE · Sep 29, 2025 · 3H 56M
A tarde 29-09-2025
from Todos os podcast | A tarde
Falamos das primeiras citas e a experta en protocolo Margarita Murillo explícanos como preparalas. Presentamos "Caras no lume", o primeiro disco do trio vigués Lontras. Facémonos eco da convocatoria da bola Ensaia para talentos galegos que emprendan na nosa comunidade. Audiencio González, un reloxeiro de Tui cóntanos por que están de moda os reloxos vintage. Tomamos un café en "Cáscará café", o establecemento que abriron dous trotamundos en Compostela. Escoitamos as queixas da Asociación de Vivendas Turísticas de Galicia. Andrea Jamardo recoméndanos o libro de Antonio Manuel Fraga "Ningunha estrela levaría o meu nome". Un dos fundadores de SC Robotics, Xavier Crespo, explícanos a que se dedica esta empresa viguesa de novas tecnoloxías. Iván Carril ponnos ao día sobre as novidades que chegan no ámbito dos procesadores nos ordenadores e con Rafael Quintiá lembramos as lendas de mouros na cultura galega.
NOW PLAYING
A tarde 29-09-2025
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Mar 26, 2026 ·1m
Jan 2, 2026 ·47m
Dec 21, 2025 ·46m