EPISODE · Dec 29, 2025 · 3H 56M
A tarde 29-12-2025
from Todos os podcast | A tarde
A xornalista Elena Martín danos chaves para que poidamos distinguir as noticias verdadeiras das falsas. Iván Carril advírtenos da proliferación de calotes coa venda de medicamentos adelgazantes. Escoitamos unha das pezas finalistas do certame de Teatro Radiofónico organizado pola SGAE e a Radio Galega. Visitamos a exposición conmemorativa dos 50 anos da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña da man do director do centro, Miguel Abelleira, e dun dos comisarios da mostra, Luis Gil. Maika Camba danos ideas para preparar a cea de fin e ano. O loteiro Juan Fernández cóntanos como foron as vendas neste Nadal. O guía oficial Guido Álvarez descúbrenos os atractivos turísticos de Lugo. A presidenta da Asociación de Axencias de Viaxes de Galicia, María del Mar Rodríguez, dinos a onde foron de vacacións os galegos este ano. Falamos co presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, Manuel Mirás. Lara Rodríguez e Pepo González, compoñentes do grupo Broken Peach, preséntannos a panxoliña que compuxeron para estas festas. Andrea Jamardo traenos unha escolma da mellor literatura infantil e xuvenil do ano e Rafael Quintiá fálanos dos ritos e tradicións do aninovo.
NOW PLAYING
A tarde 29-12-2025
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Mar 26, 2026 ·1m
Jan 2, 2026 ·47m
Dec 21, 2025 ·46m