EPISODE · Jul 31, 2025 · 3H 56M
A tarde 31-07-2025
from Todos os podcast | A tarde
Eugenia Castro, voceira do Pazo Baión, explícanos por que se estende en Galicia o gusto por celebrar eventos nos pazos. Achegámonos ao oficio de arquitecta con María Carreira, a quen lle preguntamos se se pode facer arquitectura con pespectiva de xénero. Exploramos os máis de mil pecios afundidos nas costas galegas co arqueólogo subacuático Miguel San Claudio e co catedrático de historia Emilio Grandío. Poñémonos os sombreiros da artesá Julia Vilariño. Advertimos sobre os perigos de seguir dietas promocionadas nas redes. A sicóloga Branca Francisco de Araujo analiza a tendenza a ser infiel. Facemos achádegos no castro de Esmelle. Miguel López Crespo cóntanos os problemas que pon Stellantis para tramitar reclamacións. Nusca Chousa aconséllanos sobre o cultivo da pataca doce ou o melón e o xornalista Rafa Cid traenos a súa música favorita.
NOW PLAYING
A tarde 31-07-2025
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Mar 26, 2026 ·1m
Jan 2, 2026 ·47m
Dec 21, 2025 ·46m