EPISODE · Sep 1, 2025 · 28 MIN
ACTUALIDADE MEDIODÍA 01/09/25
from Actualidade Mediodía
O BNG denuncia no Faro de Vigo, na edición de onte, domingo 31 de agosto, a ausencia de socorrista na praia fluvial do río Liñares durante a temporada estival. O concelleiro de Deportes Ismael Pena, nega tal afirmación e insiste en que durante os meses de Xullo e Agosto, a praia fluvial contou con socorrista. O Partido Socialista Estradense levará a pleno as marquesinas do transporte escolar. Luís Lopez Bueno, afirma que xa levaron este tema ó pleno estradense, pero que seguirán insistindo. O día 5, dentro dos campamentos de verán do Concello da Estrada, no colexio de Figueroa, haberá unha festa con xogos e actuacións para despedir esta exitosa campaña para a axuda da Conciliación Familiar. . En Comarcas: Cuntis: Abre o 1 de setembro o prazo de inscrición para a Escola Municipal de Música. A Deputación confirma unha vendima sá e abundante no albariño O BNG denuncia o mínimo investimento da Xunta nos puntos de atención á infancia de Rodeiro e Agolada Silleda reorganiza mesas electorais: cambios para Ponte e Saidres En deportes, Alfonso Ventín vence en Portas e recorta distancias no Campionato Galego de Rallymix
Embed this episode
NOW PLAYING
ACTUALIDADE MEDIODÍA 01/09/25
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.