EPISODE · Feb 13, 2026 · 44 MIN
️ Día Mundial da Radio en Radio Estrada
from Actualidade Mediodía
Hoxe celebramos o que somos. Celebramos a radio de proximidade, a que fala da casa, a que conta o que pasa en A Estrada e na nosa comarca co nome e apelidos da xente. Neste informativo especial repasamos a actualidade do día: Suspendido o Entroido en Couso e Santa Cristina de Vea. Homenaxe ao Padre Xiao no Museo do Moble e da Madeira. Remiten os vertidos no Matadoiro tras as actuacións municipais. Cruce de acusacións políticas polo SAF, o lixo e o conflito en GESECO. O alcalde percorre o rural para avaliar os danos do mal tempo. “360 Curvas” chega aos Minicines Central coa memoria das mobilizacións da Fonsagrada. Mañá, 39 Festa das Mulleres. En comarcas, Cuntis recoñece a traxectoria de Casa Chedas e Boqueixón inviste máis de 400.000 euros en saneamento rural. E en deportes, previa da fin de semana e atención posta en Eva Gil, única representante estradense no Campionato de Galicia absoluto en pista cuberta en Ourense. Información útil, inmediata e de aquí. Porque o que pasa na Estrada… pasa por esta antena. Feliz Día da Radio e grazas por estar ao outro lado.
Embed this episode
Ready to play
️ Día Mundial da Radio en Radio Estrada
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.