EPISODE · Dec 19, 2025 · 31 MIN
Fin de semana intenso no Cultural!!
from Actualidade Mediodía
No informativo de hoxe repasamos a actualidade da Estrada e da comarca. Abrimos coa reapertura das rúas afectadas polas obras da Praza da Farola, que volven ao tráfico ás 14:00 horas. Escoitamos ao xefe da Policía Local, Javier García, explicando como queda a circulación na contorna. Adiantamos tamén a axenda cultural da fin de semana, coa Estrada como sede do encontro das tres “Negreira” de Galicia, no que participan Negreira, Santa Comba e A Estrada. Ademais, o Castro de Barbude abre as súas portas con visitas guiadas ás catas arqueolóxicas, recomendadas antes de que os achados volvan ser cubertos para a súa preservación. No ámbito político, o BNG da Estrada rectifica a información publicada onte e aclara que non se retirarán contedores no rural, mentres que o PSOE local critica o atraso do orzamento municipal de 2026 e a falta de compromiso do goberno co municipio. A música tamén é protagonista: hoxe actúa a Escola da Banda de Música Municipal, e mañá e pasado será a quenda das corais de Berres, Santa Cruz de Rivadulla, Soutomaior e A Estrada. Na sección comarcal falamos do novo centro de día de Cacheiras, das subvencións do Plan +Aqua para Cerdedo-Cotobade, do programa provincial “Xuventude a Máis”, da campaña solidaria do CEIP Rosalía de Castro de Padrón e do Festival Folclórico de Nadal de Cuntis. E en deportes, chega a previa futbolística da fin de semana da man de Rafa Durán.
NOW PLAYING
Fin de semana intenso no Cultural!!
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
May 14, 2026 ·52m
May 14, 2026 ·81m
May 14, 2026 ·45m
May 14, 2026 ·64m
May 14, 2026 ·57m
May 14, 2026 ·1m