EPISODE · Dec 18, 2025 · 26 MIN
Hoxe na Estrada… abrimos cunha viaxe ao pasado.
from Actualidade Mediodía
O Castro de Barbude recibiu visita institucional, e este sábado, ti tamén podes achegarte antes de que as escavacións se cubran de novo. Na actualidade política, o BNG critica a retirada de contedores no rural e fala de desigualdade para as parroquias. E o PSOE alerta de atrasos nas obras da praza da Farola, pedindo explicacións polo impacto no comercio. En clave positiva, este sábado celebramos o encontro das tres Negreira de Galicia, con Negreira, Santa Comba e A Estrada compartindo irmandade. E atención á axenda cultural: hoxe concerto da Escola da Banda Municipal, e durante a fin de semana… corais en escena! E pechamos a ritmo deportivo: San Silvestre en BTT e carreira popular para despedir o ano en movemento. Xa sabes… O que pasa na Estrada, pasa por aquí
Embed this episode
NOW PLAYING
Hoxe na Estrada… abrimos cunha viaxe ao pasado.
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.