Informativo de Radio Estrada episode artwork

EPISODE · Mar 18, 2026 · 34 MIN

Informativo de Radio Estrada

from Actualidade Mediodía

No informativo de hoxe damos conta do capítulo de sucesos coa aparición dun home sen vida nun garaxe da Avenida de América, na Estrada, nun caso que todo apunta a que responde a causas naturais. Tamén repasamos dúas resolucións xudiciais: a condena dun estradense por acoso á súa ex parella durante o divorcio e a absolución doutro veciño acusado de malos tratos, ameazas e agresión sexual por falta de probas. Falamos ademais do inminente inicio das Santas Tapas, cos Bono Combo dispoñibles desde o venres en 22 locais da Estrada, unha iniciativa que busca dinamizar a hostalaría durante a Semana Santa. No ámbito cultural, o Conservatorio da Estrada presenta a cuarta edición da Semana das Artes Galegas, dedicada a José Suárez e cunha exposición de Aroa Martínez. O PSOE local cuestiona os orzamentos de 2026 e pon o foco nos atrasos do documento, mentres que sesenta estudantes estradenses son premiados no concurso Dinamizaestrada de micropoemas e microrrelatos. Para a cativada, lembramos a obra “Dedin Dein Dedal”, que chega este sábado ao Teatro Principal. E tamén destacamos a inauguración do Escaparate da Comisión de Festas do San Paio, valorado en 15.000 euros. Na comarca, o sector primario reuniuse en Lugo para analizar ameazas como Mercosur e a PAC, avanzando cara a novas mobilizacións. Ademais, Medio Rural destina 1 millón de euros ao control leiteiro para mellorar a calidade e a xenética das explotacións galegas. En deportes, o CNS A Estrada proclámase campión galego absoluto e júnior masculino cun total de 22 medallas, nunha xornada histórica para o club. E pechamos coa presentación da novena Romería Celtista, que se celebrará na Estrada os días 29 e 30 de maio organizada pola Peña Doutor Cota.

NOW PLAYING

Informativo de Radio Estrada

0:00 34:31

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Actualidade Mediodía?

This episode is 34 minutes long.

When was this Actualidade Mediodía episode published?

This episode was published on March 18, 2026.

What is this episode about?

No informativo de hoxe damos conta do capítulo de sucesos coa aparición dun home sen vida nun garaxe da Avenida de América, na Estrada, nun caso que todo apunta a que responde a causas naturais. Tamén repasamos dúas resolucións xudiciais: a condena...

Can I download this Actualidade Mediodía episode?

Yes, you can download this episode by clicking the download button on the episode player, or subscribe to the podcast in your preferred podcast app for automatic downloads.
URL copied to clipboard!