Informativo de Radio Estrada episode artwork

EPISODE · Mar 16, 2026 · 34 MIN

Informativo de Radio Estrada

from Actualidade Mediodía

Neste novo informativo repasamos unha intensa fin de semana na Estrada, marcada por grandes eventos, movemento comercial e novidades en infraestruturas. Comezamos coa Festa do Maior, que este ano bate récords de participación e roza o milleiro de inscritos. Tamén analizamos os resultados da Feira de Oportunidades do Comercio e da Feira de Antigüidades, que consolidan o seu éxito cunha alta satisfacción dos visitantes. No ámbito municipal, o Concello anuncia a ampliación do parque infantil da Avenida de Santiago, cun investimento superior aos 52.000 euros, e reforza o pintado e a reorganización do tráfico nas rotondas da Avenida de Santiago e do Matadoiro, ademais de melloras nas contornas escolares. Falamos tamén da IV Andaina do Mimo en Flor, que se celebrará o 18 e 19 de abril entre Pardemarín e Ancorados, con degustación de produtos locais e visita aos arándanos en flor. E repasamos a programación das audicións do Conservatorio Profesional de Música, abertas ao público ata o mércores. No ámbito educativo, nove alumnos do CEIP Manuel Villar Paramá participarán nos campamentos de inglés Spring Week da Xunta. Comarcas O Goberno anuncia obras de asfaltado de emerxencia na N-541 ao seu paso por Forcarei e Cerdedo-Cotobade, cun investimento próximo aos dous millóns de euros para reparar 40 quilómetros afectados polos temporais. A Deputación abre o prazo para solicitar espectáculos do circuíto +Escénicas e lembra que o venres remata o prazo para optar ás prazas dos Campamentos A Lanzada. ⚽ Deportes Repasamos os resultados da xornada de fútbol coa colaboración de Rafa Vázquez, coa vitoria do CD Estradense fronte ao Barbadás no Novo Municipal. Ademais, os Camiñantes Xesteiras suman varios podios en probas de trail, destacando os terceiros postos de David Rodríguez, Iago Abeledo e Ricardo Bugallo. E para pechar… Arrincou a tempada de pesca fluvial en Galicia, coa captura do salmón prohibida e unha campaña que se estenderá ata o 31 de xullo.

NOW PLAYING

Informativo de Radio Estrada

0:00 34:38

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Actualidade Mediodía?

This episode is 34 minutes long.

When was this Actualidade Mediodía episode published?

This episode was published on March 16, 2026.

What is this episode about?

Neste novo informativo repasamos unha intensa fin de semana na Estrada, marcada por grandes eventos, movemento comercial e novidades en infraestruturas. Comezamos coa Festa do Maior, que este ano bate récords de participación e roza o milleiro de...

Can I download this Actualidade Mediodía episode?

Yes, you can download this episode by clicking the download button on the episode player, or subscribe to the podcast in your preferred podcast app for automatic downloads.
URL copied to clipboard!