EPISODE · May 15, 2026 · 40 MIN
Informativos Radio Estrada
from Actualidade Mediodía
O informativo deste venres chega cargado de contidos e marcado pola celebración dunha fin de semana moi especial: o Día das Letras Galegas e a Festa do Salmón da Estrada. Ademais, lembramos que este domingo 17, con motivo da festa, Neves Rodríguez, Carmen Pombo e quen vos fala realizaremos un programa en directo desde o palco da música da Alameda, entre as 11:00 e as 13:30 h. Estades convidados a achegarvos e compartir connosco a xornada. Nesta edición repasamos a actualidade local, comarcal e deportiva, con asuntos como: A aprobación dun préstamo de 710.000 euros para investimentos municipais. A defensa da botica anexa de Oca por parte do Concello. As chamadas intimidatorias para cambiar de compañía de fibra e telefonía. A reapertura da Praza de Galicia, un día histórico para A Estrada. A celebración do Día das Letras Galegas cunha homenaxe a Begoña Caamaño e o pregón de Neves Rodríguez. A Festa do Salmón, con 18 establecementos servindo máis de 5.000 racións. A inauguración da Exposición de Bonsais na Sala Abanca. O adiamento do Correlingua pola previsión meteorolóxica. O inicio do Latexo Fest, cun mes enteiro de programación. A nova directiva da Asociación O Rueiro de Couso e a presentación do seu Rueiro Solidario. Na comarca destacamos: O avance decisivo para a nova estrada entre Caroi e Cerdedo, cun investimento de 3,5 millóns de euros. A homenaxe en Cuntis a María Digna Guimarei, cun documental que esgotou entradas en cinco minutos. E no deporte: O comezo do playoff de ascenso do CD Estradense, que xogará mañá no Novo Municipal. O A Estrada Basket, que se xoga no Coto Ferreiro o primeiro título da súa historia.
Embed this episode
Ready to play
Informativos Radio Estrada
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
No similar episodes found.