Informativos Radio Estrada episode artwork

EPISODE · Apr 10, 2026 · 36 MIN

Informativos Radio Estrada

from Actualidade Mediodía

No informativo de hoxe repasamos unha ampla actualidade local marcada por sucesos, novidades municipais, eventos culturais, economía, sociedade e tamén deporte. Abrimos coa triste nova do falecemento dun home de 60 anos na súa vivenda da Avenida Benito Vigo, onde foi preciso forzar a porta tras varios días sen contacto coa familia. Tamén destacamos a intervención da Policía Local, que tivo que localizar un peregrino desorientado no Camiño da Geira e dos Arrieiros, finalmente atopado en bo estado e retomando o traxecto. No ámbito municipal, desde onte están pintados os novos pasos de peóns da Praza de Galicia e continúan os traballos de repintado en accesos a garaxes e na rotonda do matadoiro. A Policía Local prepara un operativo especial para unha fin de semana cargada de eventos e recibiu onte un novo vehículo para reforzar o seu servizo. Falamos tamén da presentación do programa A TODA IA, vinculado á campaña Días Azuis do Comercio Galego, que repartirá 20.000 euros en premios entre o 10 e o 30 de abril para impulsar o comercio de proximidade. No eido social e empresarial, Raquel Touceda será distinguida mañá co Premio Mulleres FEMUPO na categoría empresa, un recoñecemento ao emprendemento feminino no rural e á innovación sostible. Adiantamos que este domingo comeza a 4ª andaina do Camiño Miñoto – Ruta da Sidra en Flor, e lembramos que hoxe remata o prazo para inscribirse no Gran Prix do Sampaio, previsto para o 16 de abril. Tamén continúa a décima edición do Salón do Vehículo de Ocasión na Fundación de Exposicións e Congresos. No apartado cultural, o documental da estradense Ariadna Silva, recentemente premiado nos Mestre Mateo, regresa aos Minicines Central. E avanzamos a Feira Cabalar de Pascua, que terá lugar este sábado e domingo no recinto feiral de Guimarei, onde realizaremos un programa especial en directo na mañá do sábado. En deportes, como cada venres, chega a previa futbolística da fin de semana da man de Rafa Vázquez. Ademais, A Estrada reunirá desde o domingo a 150 pilotos de 14 países no Adventure Galicia, que se celebrará do 12 ao 18 deste mes cun percorrido récord de máis de 1.600 quilómetros. E arrinca a tempada ao aire libre para o Club Atletismo A Estrada, con competicións en Monterrei e no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published Apr 10, 2026

Embed this episode

Ready to play

Informativos Radio Estrada

0:00 36:33

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

A actualidade está sobrevalorada Luzes Outro podcast no millo? Pois si, outro podcast no millo do Podgalego da man da Revista Luzes. Ana Luísa Bouza, Marta Otero, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro, nun intento desesperado por captar o público boomer e máis alá, decidímonos a compartir con que queira escoitalas, as conversas que mantemos habitualmente en privado sobre do que se fala e do que se cala, do que sabemos que pasa e do que conxecturamos que pode pasar. Mirando al Sur Onda Tenerife Magacín matinal que combina la actualidad con el entretenimiento y los contenidos más frescos para comenzar tu día.De lunes a viernes, de 8 a 12 del mediodía (hora canaria). Chile Crece El Conquistador FM El magazine que faltaba al mediodía. El economista Willy Díaz y el analista internacional Libardo Buitrago se reúnen para analizar, sin rodeos, todo lo que está pasando en Chile y en el mundo. Desde la política exterior y la era de Donald Trump, hasta la guerra tecnológica, la economía mundial y la realidad financiera local. Un espacio directo e inteligente para entender el panorama global y nacional justo a la mitad de tu jornada. Escúchanos cada mediodía en Spreaker, Spotify y tus plataformas de audio favoritas. ¡Dale play y mantente al día!Conviértete en un supporter de este podcast: https://www.spreaker.com/podcast/chile-crece--6041394/support. The JLL Café JLL Portugal O "The JLL Café" é o novo Podcast da JLL que irá contar com a participação de várias caras bem conhecidas do imobiliário português. Vamos conhecer as histórias de pessoas responsáveis por alguns dos projetos que estão a mudar o mercado nacional.Num conjuntos de conversas informais e descontraídas, vamos debater temas da actualidade, que estejam relacionados com o sector do imobiliario e da construção, mas vamos também conhecer as pessoas que estão por detrás destas histórias.Acreditamos que esta é uma ótima ferramenta para partilhar perspetivas e estimular o debate e, claro, o conhecimento do mercado. Por outro lado para nós, esta é uma forma de mostrar que este é um negócio feito por pessoas para pessoas, e é esse o nosso grande objetivo.Aprendemos todos com o caminho de quem nos rodeia e por isso quisemos começar esta aventura e criar aqui um espaço de partilha onde poderemos receber clientes, parceiros, amigos.#AchieveAmbitions

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Actualidade Mediodía?

This episode is 36 minutes long.

When was this Actualidade Mediodía episode published?

This episode was published on April 10, 2026.

Can I download this Actualidade Mediodía episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!