EPISODE · May 6, 2026 · 35 MIN
Informativos Radio Estrada
from Actualidade Mediodía
No informativo de hoxe repasamos a actualidade da Estrada e comarca cunha ampla variedade de temas sociais, culturais, educativos e deportivos. A comisión das Festas de San Paio abre o petitorio popular na Sala Abanca, mentres o Concello eleva ata 120.000 euros as axudas para actividades culturais e festas, cunha reunión informativa prevista para mañá. Ademais, A Estrada contará por primeira vez cun regulamento de honras e distincións e o pleno abordará tamén un crédito de 2 millóns para proxectos do Plan Edil. Falamos da aceptación da reversión dos antigos xulgados nº 1, que pasarán á Xunta para o servizo de atención temperá, e da reclamación dos veciños da Pica para corrixir un erro histórico no empadroamento. O PSOE critica o plan de bacheos e o estado das vías municipais, e o Concello recibe aos participantes franceses do Erasmus do IES Antón Losada. No ámbito educativo, destacamos a mobilización prevista hoxe para reclamar máis recursos no ensino público. Na axenda cultural, o Teatro Principal acolle esta fin de semana a “Iribarne” e “De Vacas”, e a Biblioteca Municipal programa o espectáculo infantil “Colorín Colorete” para bebés de 0 a 3 anos. En comarcas, Sanidade activa o protocolo tras un novo foco de sarna noruega en Vila de Cruces; o BNG pide actuacións urxentes polas filtracións no CEIP de Agolada; Rodeiro deberá presentar un plan económico pese a ter débeda cero; Boqueixón investirá máis de 460.000 euros en melloras en Lestedo; e O Pino devolverá o cobrado de máis no saneamento tras un erro no cálculo da depuradora. Ademais, Merza prepara unha feira de artesanía con música en directo o día 9. En deportes, o Estradense xógase o play-off este domingo no Novo Municipal fronte ao Barco e coñecemos o ambiente no vestiario da man do capitán Pablo Carabán. Tamén repasamos a dobre xornada de competición para o atletismo estradense en Ourense e A Coruña, con catro atletas sub18 en acción.
NOW PLAYING
Informativos Radio Estrada
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
May 14, 2026 ·52m
May 14, 2026 ·81m
May 14, 2026 ·45m
May 14, 2026 ·64m
May 14, 2026 ·57m
May 14, 2026 ·1m