Informativos Radio Estrada episode artwork

EPISODE · May 19, 2026 · 38 MIN

Informativos Radio Estrada

from Actualidade Mediodía

O episodio de hoxe chega cargado de actualidade local, comarcal e deportiva. Comezamos en A Estrada, onde un informe do Club Financeiro de Santiago analiza o potencial económico do municipio e sinala a necesidade de reforzar a cooperación empresarial para gañar competitividade. Ademais, avanzamos detalles da primeira edición de Terra Emprende, a feira que reunirá 45 proxectos emprendedores a finais de mes na Carpa do Concello. Tamén repasamos a situación laboral na provincia, coa folga do sector do metal en Pontevedra, e coñecemos novos investimentos: a futura senda peonil e ciclista ata Toedo, cun orzamento superior a 1,1 millóns de euros, e a aprobación das contas de 2025 da Fundación de Exposicións e Congresos. No ámbito tecnolóxico, falamos do lanzamento de Bizum Pay, que permitirá pagar en tendas físicas. E na actualidade urbana, lembramos que a Rúa 56 continúa cortada polas obras do mural de Pablo Loyola, aínda que abre cada tarde ás 17:30. Ademais, as obras da prolongación da AG-59 obrigarán a pechar durante seis semanas o enlace da Ramallosa. Pechamos o bloque local coa celebración en Callobre do primeiro dos tres festivais Folk de Raíz, organizado polo grupo Regatos, que chega á súa edición número 25. Na comarca, o presidente da Deputación, Luis López, presentou en Rodeiro o plan para mellorar a estrada entre Carboentes e Arnego e pediu ao Concello desbloquear un investimento dun millón de euros. O Senado tamén aprobou a proposta do BNG para reclamar a reforma integral da N-541 ao seu paso por Cerdedo-Cotobade. E en Forcarei, o municipio súmase á ruta gastronómica “Sabor das Rías Baixas”, cunha food truck e degustacións gratuítas do 21 ao 23 de maio. No deporte, o Estradense organiza buses a 5 euros para que a afección acompañe o equipo este sábado en Arteixo. O presidente Toño Camba cóntanos como está sendo a semana para o club.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published May 19, 2026

Embed this episode

NOW PLAYING

Informativos Radio Estrada

0:00 38:36

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Actualidade Mediodía?

This episode is 38 minutes long.

When was this Actualidade Mediodía episode published?

This episode was published on May 19, 2026.

Can I download this Actualidade Mediodía episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!