Informativos Radio Estrada episode artwork

EPISODE · May 22, 2026 · 38 MIN

Informativos Radio Estrada

from Actualidade Mediodía

No informativo de hoxe abrimos coa actualidade da Estrada, onde un motorista resultou ferido nun accidente na PO‑841 ao seu paso por Couso. A tempada de baño na praia fluvial de Liñares podería retrasarse uns días pola reparación pendente das comportas, mentres o municipio continúa mobilizado en defensa do ensino público tras a histórica manifestación do 6 de maio. Os funcionarios municipais celebran esta tarde o día de Santa Rita no Pazo de Xerlís, coincidindo coa festividade na parroquia, que acolle unha misa solemne ás 20.00 horas. En Cereixo, San Xorxe tamén está de festa durante toda a xornada. No IES Avelina Valladares celébrase o Avelina Fest, unha xornada de música e dinamización cultural. A noite chega cargada de ritmo co regreso do Salmon Rock, que encherá a carpa do salmón con Musikenos, Desertores e Toxo. E mirando ao sábado, o Festival dos Arrieiriños traerá diversión familiar con Paco Nogueiras, o musical do Pollo Pepe e o tributo Lembra Xabarín. Como cada venres, repasamos tamén todo o ocio e cultura da fin de semana na Estrada. En comarcas, dúas persoas foron trasladadas por inhalación de fume tras o incendio dun alpendre en Silleda. O municipio rende homenaxe ás pioneiras do fútbol feminino dentro do programa (in)Visibles, e recibe a visita da familia do gaiteiro Manuel Dopazo, chegada desde Arxentina para coñecer as súas raíces. As Brañas de Xestoso protagonizan este domingo unha nova ruta de Voando nas Rías Baixas, e os Xenerais da Ulla de Reis participarán nun encontro de Entroidos Tradicionais en Muros. En deportes, o CD Estradense prepara con ilusión a remontada en Arteixo tras o 0‑1 da ida. A pesca deportiva en Galicia queda sen competicións federadas pola crise electoral da Federación Galega de Pesca. Ademais, o Novo Municipal acolle este sábado o 9º Torneo Benxamín, e a Liga Galega de Billarda pecha a súa fase final en Santeles o 30 de maio.

Episode metadata supplied by the publisher feed · Published May 22, 2026

Embed this episode

Ready to play

Informativos Radio Estrada

0:00 38:25

No transcript for this episode yet

We transcribe on demand. Request one and we'll notify you when it's ready — usually under 10 minutes.

No similar episodes found.

A actualidade está sobrevalorada Luzes Outro podcast no millo? Pois si, outro podcast no millo do Podgalego da man da Revista Luzes. Ana Luísa Bouza, Marta Otero, Xosé Hermida e Xosé Manuel Pereiro, nun intento desesperado por captar o público boomer e máis alá, decidímonos a compartir con que queira escoitalas, as conversas que mantemos habitualmente en privado sobre do que se fala e do que se cala, do que sabemos que pasa e do que conxecturamos que pode pasar. Mirando al Sur Onda Tenerife Magacín matinal que combina la actualidad con el entretenimiento y los contenidos más frescos para comenzar tu día.De lunes a viernes, de 8 a 12 del mediodía (hora canaria). Chile Crece El Conquistador FM El magazine que faltaba al mediodía. El economista Willy Díaz y el analista internacional Libardo Buitrago se reúnen para analizar, sin rodeos, todo lo que está pasando en Chile y en el mundo. Desde la política exterior y la era de Donald Trump, hasta la guerra tecnológica, la economía mundial y la realidad financiera local. Un espacio directo e inteligente para entender el panorama global y nacional justo a la mitad de tu jornada. Escúchanos cada mediodía en Spreaker, Spotify y tus plataformas de audio favoritas. ¡Dale play y mantente al día!Conviértete en un supporter de este podcast: https://www.spreaker.com/podcast/chile-crece--6041394/support. The JLL Café JLL Portugal O "The JLL Café" é o novo Podcast da JLL que irá contar com a participação de várias caras bem conhecidas do imobiliário português. Vamos conhecer as histórias de pessoas responsáveis por alguns dos projetos que estão a mudar o mercado nacional.Num conjuntos de conversas informais e descontraídas, vamos debater temas da actualidade, que estejam relacionados com o sector do imobiliario e da construção, mas vamos também conhecer as pessoas que estão por detrás destas histórias.Acreditamos que esta é uma ótima ferramenta para partilhar perspetivas e estimular o debate e, claro, o conhecimento do mercado. Por outro lado para nós, esta é uma forma de mostrar que este é um negócio feito por pessoas para pessoas, e é esse o nosso grande objetivo.Aprendemos todos com o caminho de quem nos rodeia e por isso quisemos começar esta aventura e criar aqui um espaço de partilha onde poderemos receber clientes, parceiros, amigos.#AchieveAmbitions

Frequently Asked Questions

How long is this episode of Actualidade Mediodía?

This episode is 38 minutes long.

When was this Actualidade Mediodía episode published?

This episode was published on May 22, 2026.

Can I download this Actualidade Mediodía episode?

Yes. Use the download control on the episode player to save the publisher-provided media file.
URL copied to clipboard!