EPISODE · Jan 26, 2026 · 41 MIN
Informativos Radio Estrada. Alerta Vermella.
from Actualidade Mediodía
No informativo de hoxe repasamos a situación de aviso vermello por choivas no interior de Pontevedra, que deixa desaloxos en Cuntis e a suspensión das clases na Estrada. O Concello estradense pide tamén colaboración veciñal para facilitar a recollida do lixo ante os problemas xerados polos vehículos mal estacionados. Falamos con Gonzalo Louzao, que destaca en Radio Estrada a aposta polo turismo durante todo o ano coa Ruta da Sidra e pon en valor o rural estradense tras a celebración de RuralMente. Ademais, Couso acolle a última sesión do Obradoiro da Danza do Entroido da Ulla, cunha xornada aberta ao público e música en directo. Na comarca, Silleda reordena o tráfico na avenida do Parque polo avance das obras de humanización; Cuntis presenta a súa aposta pola tradición e polo talento local na XXVII Festa do Lacón con Grelos; e en Moraña coñecemos a nova senda peonil e ciclista da PO‑221, presentada pola Xunta cun investimento próximo aos 380.000 euros. En deportes, como cada luns repasamos os resultados do fútbol da fin de semana e seguimos a pista dos nosos deportistas fóra de Galicia. Celebramos a medalla de ouro en París de Andrés Carballeda Abeijón, do Clube de Natación e Salvamento A Estrada, convocado coa selección galega. O Bádminton A Estrada regresa de Sevilla tras competir de novo na liga nacional nove anos despois, e no ámbito do atletismo, Brais Rey participou en Córdoba coa selección galega de campo a través na categoría Sub‑16 do Campionato de España.
NOW PLAYING
Informativos Radio Estrada. Alerta Vermella.
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
May 14, 2026 ·52m
May 14, 2026 ·81m
May 14, 2026 ·45m
May 14, 2026 ·64m
May 14, 2026 ·57m
May 14, 2026 ·1m