EPISODE · Nov 30, 2014 · 58 MIN
FEAFES Galicia coas "Xornadas de Emprego", Fotoforum Compostela, coa colectiva "Nos teus ollos" e IV Premio Panxea.
from Podcast O Sombreiro de Merlín
Hoxe FEAFES Galicia, con Manuel Juncal e Santiago Freire, e Fotoforum Compostela, coa colectiva "Nos teus ollos", con Fuco Reyes e Mino Andrade no Sombreiro!!! Este sábado recibimos a Fuco Reyes, presidente da Asociación Cultural Fotoforum Compostela, e a un dos seus membros, Mino Andrade, que veñen presentar a Exposición solidaria, "Nos teus ollos", a favor de "Juntos podemos". Fuco, recén chegado de Barcelona de recoller premio, e Mino, falarannos desta colectiva, onde varios artistas do mundo da fotografía unen os seus esforzos para presentarnos realidades cotidiáns que temos invisibilizadas, dende a ollada dos outros. A exposición estará ao longo do mes de decembro na sé da Fundación Torrente Ballester, na compostelana Rúa do Vilar. Moitas grazas a quen nos achega o seu traballo dun xeito tan serio e comprometido, as fotos serán donadas polos artistas e os beneficios irán ao Albergue de San Francisco, a través de "Juntos podemos".O Sombreiro acudirá á inauguración prevista para o vindeiro xoves, 4, ás 20.00h. e convidamos a todos a facelo por tan noble causa. Recibimos asimesmo de novo a FEAFES Galicia, para presentar as VI Xornadas de Saúde mental e Emprego, que se celebran a partires do vindeiro martes 2 de decembro, e que baixo o título de "Recuperación, emprego e inclusión", van na procura dunha sociedade máis igualitaria, neste caso no eido laboral, para a plena integración de persoas con algunha problemática de saúde mental, para que o seu desenvolvemento social e persoal sexa completo. Falaremos cun dos seus responsables, Manuel Juncal, e un usuario, Santiago Freire, para escoitar en voz propia este tema a tratar nas devanditas Xornadas. Parabéns tamén a eles polo esforzo e a laboura que desenvolven. Continuaremos en vindeiros programas a dialogar con FEAFES e difundir o seu traballo en Galicia. Completamos programa coa sección de literatura infanti e xuvenil con Andrea Barreira, quen falaranos tamén de libros solidarios e lembraranos o proxecto Ilusionaria, que xa presentamos no Sombreiro e ao que de novo adicaremos programa en datas moi cercanas. A música da man de Patricia Ares, melancolía con Roy Orbison e máis temas que xa ela vos contará... E temos xa gañadora e accésit para a IV Edición do Concurso de Microrrelatos de Panxea e o Sombreiro de Merlin: a gañadora é Cachín Díaz por "Sikrma", e o accésit para Marcos Vega por "O Trasacordo". Parabéns a eles, o Premio será entregado o vindeiro xoves, día 4, ás 20.30h no local de Panxea en Compostela, cunha Festa das Especias moi especial. Ali vos agardamos!!!
NOW PLAYING
FEAFES Galicia coas "Xornadas de Emprego", Fotoforum Compostela, coa colectiva "Nos teus ollos" e IV Premio Panxea.
No transcript for this episode yet
Similar Episodes
Mar 26, 2026 ·1m
Jan 2, 2026 ·47m
Dec 21, 2025 ·46m