PODCAST · arts
Podcast O Sombreiro de Merlín
by O sombreiro de Merlín
Programa radiofónico de Radio Obradoiro dedicado a literatura, música y humanidades en general.
-
202
Despedimos este 2016 con FEAFES GALICIA. Feliz Nadal e Aninovo dende O Sombreiro de Merlin!
ES NOITEBOA NO SOMBREIRO!!! NÓS ACOMPAÑÁMOSVOS MOI LED@S, DENDE RADIO OBRADOIRO E O SOMBREIRO DE MERLIN, PARA OFRECERVOS O NOSO ÚLTIMO PROGRAMA DESTE 2016, CON FEAFES GALICIA, PILAR SAMPEDRO, PEPE GÁNDARA, CAROL BRET E MOITAS SORPRESAS MÁIS! SEDE MOI FELICES !!
-
201
"Médicos sen Fronteiras" presenta a súa nova campaña "Unha razón para irnos, moitas para quedarnos".
"MÉDICOS SEN FRONTEIRAS" LANZA UNHA NOVA CAMPAÑA, "UNHA RAZÓN PARA IRNOS, MOITAS PARA QUEDARNOS", E NÓS QUEREMOS UNIRNOS A ELES CONVIDANDO, COMO CADA MES, A MARÍA DÍAZ PARA CONTÁRNOSLO. LEMBRAREMOS A CRISE DO MEDITERRÁNEO QUE SEGUE A ESTAR SEN RESOLVER, CRISE QUE OCUPOU A NOSA SECCIÓN DURANTE O 2016 E Á QUE SEGUIREMOS A VISIBILIZAR NO 2017... "Elas contan", a sección que conduce Encarna Otero quincenalmente, volve a ocuparse de Sofía Casanova, unha das moitas mulleres galegas que estamos a redescubrir grazas á laboura da nosa prestixiosa colaboradora. Outra das nosas destacadas voces femininas, a da poeta e rapsoda Carol Bret, achega desta volta en "A Fenda", sección poética que ela mesma dirixe, a figura doutra senlleria muller, a poeta chileno-española, Concha Zardoya. "O Marcapáxinas" ven cargadiño de recomendacións navideñas, e xuntos apoiaremos a proposta do noso compañeiro Manuel Fernández, "Regala un libro este Nadal". A música virá na voz e as composicións do cantautor francés Damien Saez: "Petit prince" e "Jeunesse leve toi".
-
200
A profesora Carmen Pomar visita O Sombreiro de Merlin para falar de Altas Capacidades.
HOXE FALAREMOS DE AC e de CREATIVIDADE, DESAS MARABILLOSAS CAPACIDADES QUE TOD@S TEMOS E PODEMOS DESENVOLVER MELLOR GRAZAS AO TRABALLO DE PERSOAS COMO A NOSA CONVIDADA, CARMEN POMAR: Profesora do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, e Directora da Unidade de Atención Educativa en Altas Capacidades; con ela falaremos de grandes proxectos en activo e un que comenza xa!! Ronsel do Campus (coa Asociación de Altas Capacidades de Galicia), o Proxecto QVO co Concello da Coruña, o Proxecto PITEAS coa Xunta de Galicia e a Fundación Barrié, e un novísimo proxecto que Carmen trae para tod@s nesta mañá de sábado ao Sombreiro. Grazas pola profesionalidade e a ilusión ! Pilar Sampedro traerá, desta volta, recomendacións lectoras para a nenez, mocidade e os adultos: docentes e familias implicadas na educación lectora. Na sección "A Fenda", Carol Bret, achega una nova e extraordinaria poeta: Susana March. Sempre descubrindo novas creadoras, novos percorridos vitais que chegan a nós a través dos versos e os extradordinarios recitados da nosa colaboradora. A música esta semana falará de imaxinación e soños cos "Cranberries": "Dreams" e "Just my imagination".
-
199
Presentamos "Vinte fragmentos de mocidade voraz" de Tito Pérez Pérez no Sombreiro,
Presentamos libro, "Vinte fragmentos de mocidade voraz" (Toxosoutos), de Tito Pérez Pérez, acompañad@s por Encarna Otero "Elas contan", Pepe Gándara "Hai outros mundos e están aquí" e Manuel Fernández "Marcapáxinas". A mellor literatura sempre vos agardará aquí, no Sombreiro do Mago Merlin!
-
198
Homenaxe a Neira Vilas con Antón Pedreira no Sombreiro de Merlin.
HOXE ESTAMOS DE HOMENAXE A NEIRA VILAS NO SOMBREIRO!! Este sábado recibimos no Sombreiro de Merlin ao libreiro Antón Pedreira, para falar das Xornadas en Homenaxe a Xosé Neira Vilas no aniversario do seu pasamento, o vindeiro 27 de novembro. O noso convidado artellou a homenaxe a través de mesas redondas, charlas e actividades, nas que se traballa a relación dos nenos da obra de Neira Vilas con outros nenos protagonistas doutras literaturas e latitudes. As xornadas rematarán o día 30 de novembro. Parabéns a Antón Pedreira pola iniciativa, e a tod@s quen paticipan dela! Na sección "A Fenda", Carol Bret sorpréndenos coa figura dunha poeta, Lucía Sánchez Saornil, cuxa figura vai máis alá dos versos, e acada relevancia por si mesma na época e circunstancia que personificou. Non a perdades, son as nosas devanceiras! " O Marcapáxinas" terá hoxe presentes aos seus dous responsables: Manuela Arcos e Manuel Fernández, presentarannos lecturas para a fin de semana, e darán voz a actividades culturais, artísticas e solidarias. A música acompañaranos con Sés e as súas "Tempestades de sal" e Luar Na Lubre con Diana Navarro e "Romeiro ao lonxe
-
197
Presentamos "CaféCon El Cine" + a exposición de traballos do alumnado de María Eiras de "Mareiras Espazo de Arte".
HOXE N'O SOMBREIRO TOMAMOS "CAFÉCON EL CINE", CON MARÍA EIRAS DE "MAREIRAS ESPAZO DE ARTE". A partires deste luns 21, ás 5 da tarde, poderedes disfrutar de charlas de cine, café e unha magnífica exposición de obras do alumnado do Centro. Unha iniciativa con Galantiqua, no AC Hotel Palacio del Carmen. Noraboa a tod@s! Encarna Otero segue a traer ao presente as figuras das nosas enriquecedoras mulleres en "Elas contan", e Manuel Fernández trae lecturas para toda a finde, e algo máis... GALIX, con "Desfacendo a raia", literatura infantil e xuvenil en galego e portugués e a homenaxe a Neira Vilas, que Antón Perdreira artella en torno á figura do Balbino, en comparanza cos nenos protagonistas doutras iteraturas do mundo, completan un programa de lembranzas... Despedimos con "Take this Waltz", de Leonard Cohen, o "Pequeno vals vienés" de García Lorca co que nos imos ata a vindeira semana!
-
196
As novidades da editorial Hugin e Munin no Sombreiro con Alejandro Tobar e Diego Ameixeiras.
AS NOVIDADES EDITORIAIS DE "HUGIN E MUNIN" HOXE NO SOMBREIRO, CON ALEJANDRO TOBAR E DIEGO AMEIXEIRAS!! VIOLETA PARRA, FAISE PRESENTE NA VOZ DE CAROL BRET, E PILAR SAMPEDRO ACOMPÁÑANOS COS SEUS "SOÑOS E GAIOLAS". FELIZ SÁBADO, AGARDÁMOSVOS ÁS 12:00H...ONDE? AQUÍ,NO SOMBRERIO DE MERLIN, EN RADIO OBRADOIRO...!
-
195
No Sombreiro, FEAFES Galicia e o asesoramento xurídico e Monica Mura coa acción artística NON + SABAS TINGUIDAS.
HOXE TIVEMOS UN FERMOSÍSIMO PROGRAMA, COS AMIGOS DE FEAFES GALICIA SOBRE ASESORAMENTO XURÍDICO E MONICA MURA COA SÚA ACCIÓN ARTÍSTICA NON + SABAS TINGUIDAS, MAGNÍFICAMENTE ACOMPAÑAD@S POR ENCARNA OTERO, QUEN ESTÁ A RESCATAR AS FIGURAS DAS MULLERES DA GALIZA EN "ELAS CONTAN".
-
194
FEAFES Galicia co asesoramento xurídico en sáude mental e Monica Mura con Non + Sabas Tinguidas.
HOXE TIVEMOS UN FERMOSÍSIMO PROGRAMA, COS AMIGOS DE FEAFES GALICIA SOBRE ASESORAMENTO XURÍDICO E MONICA MURA COA SÚA ACCIÓN ARTÍSTICA NON + SABAS TINGUIDAS, MAGNÍFICAMENTE ACOMPAÑAD@S POR ENCARNA OTERO, QUEN ESTÁ A RESCATAR AS FIGURAS DAS MULLERES DA GALIZA EN "ELAS CONTAN".
-
193
A situación en Alepo e o Premio do "Certame de Microrrelatos de Panxea e O Sombreiro de Merlin".
HOXE VIMOS CARGADITOS DE CONTIDOS!!PREMIO PANXEA PARA PILAR SAMPEDRO POR "ULISES", AS NOVAS SOBRE SIRIA, CAROL BRET RECITA A CAROLINA CORONADO, PEPE GÁNDARA ACHEGA SECCIÓN DE CLÁSICOS, ESCOITAREMOS A MÚSICA DE APOCALYPTICA, E, COMO REMATE, UN AUDIO EXCEPCIONAL: SEAN CONNERY RECITA "ÍTACA", UN DOS MÁIS EMBLEMÁTICOS POEMAS DA HISTORIA. ASÍ TRANSCORRIRÁ O NOSO PROGRAMA EN APOIO AOS REFUXIADOS E REFUXIADAS DO MUNDO
-
192
Marga Clark presenta a súa exposición antolóxica de fotografía, "Cosmogonía", no Sombreiro de Merlin.
DE NOVO PROGRAMA DE LUXO NO SOMBREIRO E DE NOVO CUNHA MULLER CREADORA.: MARGA CLARK PRESENTA PARA TOD@S NÓS, "COSMOGONÍA", UNHA ANTOLÓXICA DE TODO O SEU LABOR FOTOGRÁFICO. UNHA CONVERSA CHEA DE CALIDEZ E HONESTIDADE, CUNHA DAS VOCES MÁIS INTERESANTES DO MUNDO DA CULTURA CON ALMA. GRAZAS E BENVIDA DE NOVO, MARGA!
-
191
A prestixiosa artista, Rosa Úbeda, convidada no Sombreiro de Merlin, en Radio Obradoiro.
TEMOS UNHA CONVIDADA DE LUXO...ROSA ÚBEDA, VISITA O Sombreiro de Merlín para falarnos da exposición na que participa, xunto a Yolanda Dorda,"Na beira do río. Diálogos dende a pintura", comisariada por Ramón Rozas, e que acolle a Sala de Exposicións do Pazo da Cultura de Pontevedra ata o vindeiro 20 de novembro.
-
190
O compositor compostelán, Fernando Buide, presenta os seus vindeiros concertos no Sombreiro.
Hoxe recibimos no Sombreiro a un dos mellores compositores composteláns do momento, Fernando Buide, quen ven falar das súas estreas para o mes de outubro, das que nos faremos eco, destacando a súa vindeira estrea do xoves 13 de outubro ás 20:30 no Auditorio de Galicia de Santiago, co gallo da inauguración da nova tempada da Real Filharmonía de Galicia; "Pasaxes" é a obra que intrerpretarán, baseada en textos do poeta galego Gonzalo Hermo e do inglés Edward Thomas, na voz da excepcional soprano Isabella Gaudí; a orquestra estará dirixida polo seu titular Paul Daniel. Un luxazo para non perder, aquí,en Compostela! Incorpórase de novo á nosa sección "O Marcapáxinas", o noso benquerido colaborador, Manuel Fernández, quen nos trae a Manhattan nos libros... Pilar Sampedro levará as tan necesarias recomendacións lectoras para infancia e mocidade en "De soños e gaiolas", e a música, como non, selección do noso convidado
-
189
No Sombreiro de Merlin unímonos á campaña de FEAFES Galicia, #Euteño.
N 'SOMBREIRO DE MERLIN' SUMARÉMONOS Á CAMPAÑA DE FEAFES GALICIA #Euteño, CONTRA OS PREXUÍZOS E O ESTIGMA NA ENFERMIDADE MENTAL. APOIÁDESNOS?
-
188
A presidenta de AGADEA e "Panxea Comercio Xusto", visitan o Sombreiro de Merlin.
HOXE TEMOS UN PROGRAMA ESPECIAL,CUNHA MULLER EXCEPCIONAL, ISABEL GEY, PRESIDENTA DE AGADEA, PARA FALARNOS DO ALZHEIMER E DESTA ASOCIACIÓN QUE TRABALLA MAGNÍFICAMENTE BEN POR CONCIENCIARNOS E VISIBILIZAR ESTA ENFERMIDADE E A SÚA COMPLEXIDADE! CON ESTEBAN GONZÁLEZ RETOMAMOS COLABORACIÓN CON "PANXEA COMERCIO XUSTO" E IMOS CARA O TERCEIRO ANO XA: ATENCIÓN AO CONCURSO DE MICRORRELATOS!!! PILAR SAMPEDRO ÉNCHENOS DE SOÑOS E GAIOLAS, MÚSICA DA MELLOR PARA ACOMPAÑARNOS: NAT KING COLE E BEATLES ;) !!
-
187
Balance 2015 con "Médicos sen fronteiras" e o proxecto artístico-solidario "Luva negra" de Xosé Poldras e Alicia López .
HOXE VOLVEMOS CON "MÉDICOS SEN FRONTEIRAS", BALANCE DO 2015 E DO NOSO PROXECTO ARTÍSTICO-SOLIDARIO "LUVA NEGRA", NON DEIXEDES DE ACOMPAÑARNOS A MARÍA DÍAZ, XOSÉ POLDRAS, MANUELA ARCOS, CAROL BRET E ALICIA LÓPEZ, POR UN MUNDO EN PAZ. GRAZAS A TOD@S!
-
186
Volve o "Sombreiro de Merlin" coa nova novela da escritora Alicia Díaz Balado, "Alcohol".
XA ESTAMOS POR AQUÍ DE VOLTA, PARA TRAERVOS A MELLOR LITERATURA, PARA ACHEGARNOS UN ANACO DO MUNDO DENDE UNHA PERSPECTIVA HUMANISTA E HUMANITARIA. E FACÉMOLO CUNHA DAS MEIRANDES ESCRITORAS QUE TEMOS, ALICIA DÍAZ BALADO, QUEN PUBLICA NOVA NOVELA, "ALCOHOL", PARABÉNS, QUERIDA AMIGA, E GRAZAS POR DIGNIFICAR O NOSO OFICIO! ENCARNA OTERO E PILAR SAMPEDRO, ABREN TEMPADA POR TODO O GRANDE, E CAROL BRET RECITA AO MEU POETA , GARCÍA LORCA. GRAZAS A TOD@S! No Sombreiro de Merlin voltamos coa nosa andaina cultural e humanitaria a Radio Obradoiro, presentando unha das máis fermosas novidades editoriais do outono: "Alcohol", a nova novela de Alicia Díaz Balado, escritora, poeta, profesora en Ciencias da Educación na USC, quen ven presentar en exclusiva a súa obra publicada por Círculo Rojo, na nosa mañá literaria de Radio Obradoiro. Un libro exquisito que ela mesma presenta para todos quen nos seguides este sábado entre ás 12:00 e as 13:00hs do mediodía. Ademais de recibir á nosa convidada, presentaremos as seccións e colaboradores que continúan con nós o seu labor de apoio e difusión das artes e humanidades: Encarna Otero, seguirá a sacar á luz ás mulleres máis senlleiras da nosa terra, en "Elas contan"; Pilar Sampedro segue a dar voz á mellor literatura infanto-xuvenil en "De soños e gaiolas". Escoitaremos a voz da poeta Carol Bret, quen colabora cos seus magníficos recitados dos versos de poetas dende "A Fenda". "O Marcapáxinas" segue a ser guiado por Manuela Arcos e Manuel Fernández, e retomamos todas as colaboracións que mantemeos denda hai xa anos coas ongs "Médicos sen Fronteiras", "Panxea Comercio Xusto" e "FEAFES Galicia".
-
185
O Sombreiro de Merlin despídese ata setembro con FEAFES Galicia.
HOXE NO SOMBREIRO MARCHAMOS QUE TEMOS QUE MARCHAR...ATA SETEMBRO!! Este sábado no Sombreiro de Merlín, despois dunha moi rica e cordial tempada, despedímonos ata setembro, e queremos facelo cun convidado de honra: o presidente de FEAFES Galicia, o doutor José Ramón Girón, co que pasaremos revista á nosa colaboración de hai xa dous anos, e co que faremos un percorrido do que foi o ano ata o de agora nesta Federación de Asociacións de Saúde Mental de Galicia: emprego, inserción, loita contra o estigma, normalización, estes e outros temas serán analizados polo miúdo no noso programa. Grazas a todas e todos os profesionais e membros desta federación que traballa por un mundo máis humano e integrador. Despedimos, tamén ata setembro, a sección de Encarna Otero, "Elas contan", unha das máis enriquecedoras para todas nós: seguimos traendo á luz a esas grandes mulleres esquecidas da nosa terra, e anunciaremos, asimesmo, a cita do 15 de agosto, grazas á plataforma de crítica literaria, "A Sega", da terceira edición do "Día das Galegas nas Letras" do 2016, dedicado moi merecidamente a Mª Xosé Queizán. Noraboa a ela e a todas as galegas! Pilar Sampedro despide, tamén ata setembro, a nosa sección de literatura infanto-xuvenil, que naceu co fermoso nome de "De soños e gaiolas" en lembranza do poeta Manuel María no seu ano das Letras galegas, e con ela seguiremos á volta de vacacións, atrapando soños e ceibando boas letras. Despedimos con música de Smokie, "Living next door to Alice", para agradecervos a compaña e o apoio ao noso programa desexando que vos quededes con nós agardando a nosa volta. Unha aperta agradecida da nosa directora, Alicia López e de todo o equipo do Sombreiro de Merlin, o programa cultural e humanitario do sábado a mañá en Radio Obradoiro! A cita é ás 12.00 horas. Ata setembro!
-
184
O recoñecido escritor de Ciencia Ficción, Vicente Hernándiz, fala da súa narrativa no Sombreiro de Merlin.
Hoxe no Sombreiro de Merlín imos cara o universo para presentar a obra do escritor valencián de ciencia ficción, Vicente Hernándiz. Vicente ten unha longa traxectoria coma escritor, recibiu varios premios en narrativa curta, e agora está de novo a presentar unha antoloxía de relatos, "Ecos del futuro y otros relatos. Antología de Ciencia Ficción". Falaremos tamén das súas novelas, "Cuando las estrellas nos llamen" y "En el brazo de Orion", sobre as que xa mantiveramos conversa telefónica hai uns anos, e dunha nova triloxía na que xa está a traballar. Toda unha honra ter un dos mellores narradores deste xénero no noso programa, co seu discurso cordial e cheo de reflexións lúcidas e necesarias. Un prazer! E, de novo, O Sombreiro rende homenaxe a Agustín Fernández Paz, un autor que todos reclamamos dende a narrativa infantil e xuvenil nesa fermosa sección titulada "De soños e gaiolas", da man de Pilar Sampedro, quen fará unha magnífica semblanza da súa vida e obra, unidas e comprometidas coa escrita máis honesta. Despedimos programa coas mellores recomendacións lectoras de Manuel Fernández no "Marcapáxinas": a narrativa que encherá de ledicia o voso verán.
-
183
A profesora e tradutora, Marta Gómez Pato, presenta a tradución de "A señorita Else", editada por Hugin e Munin.
TRAEMOS AS NOVAS DE HUGIN E MUNIN, NADA MÁIS E NADA MENOS QUE DA MAN DE MARTA GÓMEZ PATO, PROFESORA DE ALEMÁN NA USC E TRADUTORA DE "A SEÑORITA ELSE", DE ARTHUR SCHNITZLER. TEMOS UNHA CITA ÁS 12:00, EN RADIO OBRADOIRO, CON MARTA, ENCARNA OTERO, MANUEL FERNÁNDEZ, CAROL BRET E ALICIA LÓPEZ. DESPEDIDA CON TODO O RESPETO E AGARIMO CUNHA LEMBRANZA A AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ, NON TE ESQUECEREMOS NUNCA...
-
182
O arpista compostelán Manuel Vilas entrevistado no Sombreiro pola súa colaboración no Anuario "Letra negra".
AQUÍ VOS DEIXAMOS XA A PREVIA DO NOSO PROGRAMA DE MAÑÁ SÁBADO, ENTRE AS 12:00 E 13:00hs DO MEDIODÍA, CUNHA ENTREVISTA EXCLUSIVA CO ARPISTA COMPOSTELÁN, MANUEL VILAS, INCLUIDA NO ANUARIO "LETRA NEGRA", QUE PODEREDES ATOPAR XA NAS LIBRARÍAS DA NOSA CIDADE. "LETRANEGRA" É A NOVA REVISTA CULTURAL DA "AULA DE LETRAS E ESCRITURA CREATIVA" DA ESCOLA DE MÚSICA BERENGUELA
-
181
FEAFES Galicia, coa Asociación "Morea", de O Barco, e Fuco Reyes coa exposición "Mundo líquido" con nós.
No Sombreiro retomamos hoxe a nosa colaboración con FEFAES Galicia, desta volta, falaremos de "Deporte e saúde mental", con Amparo Rodríguez de Dios, terapeuta ocupacional e adestradora do equipo de balompé da Asociación Morea de O Barco. Anunciaremos o vindeiro X Campionato de Balompé "Todos polo fútbol", que se celebrará aquí en Compostela, o 2 de xullo, e onde intervirán seis equipos de sáude mental de toda Galiza. Estades convidad@s!! Máis actividades solidarias, desta volta co Presidente de Fotoforum Compostela, Fuco Reyes, quen ven falar da Exposición solidaria "Mundo Líquido", a beneficio do Centro da Muller "Vagalume", xurdido a iniciativa das Irmáns Oblatas. Convidámosvos a visitala na Igrexa da Universidade, aquí na nosa cidade, e admirar o bo facer dos fotógrafos participantes, membros todos da "Asociación Fotoforum Compostela", unindo as artes e os valores humáns. Na sección poética traemos a un dos meirandes poetas galegos, un poeta da dor e da forza na vida, Lois Pereiro, Letras galegas 2011. A fermosa voz de Carol Bret achegaranos a algúns dos seus maxistrais versos. Fechamos coa sección dedicada á infancia e mocidade lectoras, "De soños e gaiolas", co sempre bo criterio e saber facer da nosa querida colaboradora Pilar Sampedro. Lembrámosvos que temos aberto o noso "Certame de Microrrelatos de Panxea e O Sombreiro de Merlin", que alongamos todo o verán, para poder facer un especial dedicado ao tema de "Os refuxiados": xa sabedes, 250 verbas, a enviar baixo seudónimo a "[email protected]"
-
180
'Luva negra", balance do proxecto solidario poemas+gravados de Alicia López e Xosé Poldras para MSF
HOXE MADRUGAMOS MOITO PARA FACER UN PROGRAMA DE AGRADECEMENTO: NO NOME DO GRAVADOR XOSÉ POLDRAS E DA DIRECTORA DO SOMBREIRO, ALICIA LÓPEZ, CO-AUTORES DA CARPETA SOLIDARIA CON MÉDICOS SEN FRONTEIRAS, "LUVA NEGRA", GRAZAS! Este sábado, a directora do Sombreiro de Merlin fará balance xunto co gravador Xosé Poldras do seu proxecto solidario con Médicos sen Fronteiras, "Luva negra". Quixemos facer esta dedicatoria para agradecer a todas as persoas implicadas o seu compromiso e a grande acollida que está a ter esta carpeta con poemas de Alicia López e os gravados de Poldras en beneficio desta ONG por toda Galiza: dende El Correo Gallego, que nos cedeu a sala de actos, e se fixo eco no xornal da nosa iniciativa, a Radio Obradoiro co apoio da súa directora Olga Vilar e a fermosa entrevista coa nosa compañeira Sandra Romero, a agarimosa acollida da presentación no Centro Cultural "Marcos Valcárcel" de Ourense, igualmente á "Galería Circular" de Allariz, á "Aira das Letras" que sortea unha das nosas carpetas, á "La región" de Ourense, "La Voz de Galicia", ao "Galicia Confidencial", á gravadora Isabel Somoza, quen nos cedeu os seus mellores materiais, aos compañeiros de MSF que nos acompañan nas presentacións e están con nós dende o principio, Maria Díaz e Miguel Sangiao e a todas as persoas que nos estades a apoiar incondicionalmente, grazas!! Outra grande aportación este sábado, a presentación, na sección "Elas contan", magníficamente dirixida por Encarna Otero, dunha das mulleres máis importantes, activas, cultas e imprescindibles da nosa terra, alguén que queremos reivindicar e facer sair á luz, unha grande profesional que consideraba á educación coma un "alumbramento espiritual": a escritora, membro correspondente da Academia Galega no 1906, Filomena Dato Muruais. Grazas Encarna por traérnola ao presente! Poesía con Carol Bret, cun poeta incomparable, con verba propia, que Carol recita coma ninguén: Carlos Oroza sairá hoxe da nosa "Fenda" poética. De novo con nós, Manuel Fernández para cubrir o noso "Macapáxinas", coas mellores recomendacións lectoras cara o verán.
-
179
MSF, a escritora Alicia Díaz Balado e o Anuario "Letra Negra" no Sombreiro.
MADRUGAMOS MOITO PARA POÑERNOS O SOMBREIRO POIS O PROGRAMA DE HOXE MERÉCEO: -CONVERSA CON MARÍA DÍAZ DE MSF. -PRESENTACIÓN DOS TEXTOS DE "LETRA NEGRA ", ESCRITOS POLOS MEMBROS DA "AULA DE LETRAS E ESCRITURA CREATIVA DE BERENGUELA", REPRESENTADOS CON TODA DIGNIDADE POR UNHA DAS MEIRANDES ESCRITORAS QUE TEMOS NEL: ALICIA DÍAZ BALADO, AUTORA DE "INÉS DE CASTRO.DE CINZA E CEREIXAS", (Toxosoutos) -ENTRE OUTRAS SELECTAS PUBLICACIÓNS- E UNHA DAS MÁIS VALORADAS PROFESORAS DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN DA USC. -ENCARNA OTERO FÁLANOS DA GRAN CONCEPCIÓN ARENAL. -PILI SAMPEDRO DA MELLOR LITERATURA INFANTO-XUVENIAL, NUNHA SECCIÓN QUE SEMPRE SOÑAMOS TER, DE AÍ O SEU NOME "DE SOÑOS E GAIOLAS". -PRESENTAMS O IV PREMIO DE ENSAIO SUBVERSIVO "GUILLERMO DOMINGUEZ" UN DOS MÁIS LEMBRADOS E QUERIDOS PROFESORES DE COMPOSTELA, E O DE BANDA DESEÑADA "AX1", AMBOS ORGANIZADOS POLO IES A. XELMÍREZ I. TODO ISTO NUNHA HORA ONDE, COMO DIN OS NOSOS COMPAÑEIROS DA RADIO OBRADOIRO, UNÉNSE ARTE, SOLIDARIEDADE E LITERATURA. GRAZAS A TOD@S!!
-
178
Presentación do "Anuario Letra Negra", da Escola de Música Berenguela e a súa Aula de Letras e Escritura Creativa.
HOXE PRESENTAMOS O ANUARIO "LETRA NEGRA" NO SOMBREIRO DE MERLIN"! No Sombreiro de Merlin convidamos hoxe, co gallo da súa salida ás rúas, a algúns dos colaboradores do Anuario "Letra Negra", unha publicación recén nacida na nosa cidade, da man da "Escola de Música Berenguela", dirixida por María Xosé Cerviño e da súa Aula de Letras e Escritura Creativa, que conduce a nosa directora Alicia López. Desta volta, falaremos co antropólogo e campaneiro Francesc Llop, e co arquitecto Javier Alonso de la Peña, sobre dous interesantísimos artigos deste primeiro número de "Letra Negra": "As campás de Santiago: a máis alta música comunitaria" e "Notas sobre a restauración do conxunto de campás da catedral de Santiago". Poñemos en valor e actualizamos deste xeito o valor do noso patrimonio cultural. Todo un privilexio telos aos dous no Anuario e nos estudios de Radio Obradoiro. Acompáñanos, asimesmo, o compositor e pianista compostelán, doutor pola Universidade de Yale, Fernando Buide, para falar dos puntos máis interesantes do seu artigo sobre composición: "Novas e vellas fronteiras" e para anunciar en primicia os seus vindeiros concertos. De paso por Compostela, o consultor e escritor Alberte Santos, quixo achegarse aos nosos estudios para falar da 2ª edición da súa novela "O rebumbio dos vagalumes" (Laiovento), e finalmente agradecemos a presenza do tamén escritor Guillerme Coen quen dinamizou a nosa tertulia. Coma agasallo poético, a voz de Carol Bret con "A Fenda", quen nos embarca na "Canción do pirata", de Espronceda. Eses mesmos favorables ventos, desexámoslle nós a este novo e prometedor Anuario "Letra negra" que tivemos o pracer de compartir con tod@s vós, nesta mañá de sábado!
-
177
O 'Certame de Poesía Francisco Añón', protagoniza o Sombreiro de Merlin.
Hoxe dedicamos o noso Sombreiro ao "Certame de Poesía Francisco Añón" do Concello de Outes, que acada este ano a súa vixésima edición. Este Certame trata de por en valor e abrir unha porta ás novas voces poéticas galegas.Cada ano faise público o fallo o día das Letras Galegas e ao ano seguinte preséntase un libro compilatorio de todas as persoas galardoadas e máis sácase outra edición co poemario da persoa gañadora desa edición.No noso estudio teremos ao seu responsable, Santiago Nieto, quen é Técnico de Cultura e Mocidade do Concello de Outes e á gañadora da anterior edición, Lara Dopazo Ruibal, quen ven falar do seu poemario gañador, "Ovella", que será presentado moi pronto en Compostela. A gañadora deste ano foi Miriam Ferradás,con "Deshabitar unha casa", a quen agardamos ter no noso estudio en canto nos sexa posible para seguir, fieis ao espírito do Francisco Añón, achegándovos as mellores das nosas novas voces poéticas. Parabéns a tod@s! Volve tamén aos nosos estudios de Radio Obradoiro, Encarna Otero, quen na sección "Elas contan", fará unha primeira achega a Concepción Arenal, unha das meirandes figuras de referencia para todas as mulleres da nosa terra, pola súa forza, o seu compromiso, e súa grandeza e calidade profesional e humana. Na sección poética "A Fenda", Carol Bret, achéganos ás Greguerías de Ramón Gómez de la Serna, para mergullarnos no seu incomparable e orixinal universo creador. Despedimos coa canción "A Sementeira", interpretada por "Fuxan os ventos" dedicada a quen sementa terra e espíritu.
-
176
Cursos de verán en ECO Escuela de Arte, Feafes Galicia e Alicia Olivera no Sombreiro.
Este sábado presentamos no Sombreiro de Merlín os cursos de verán de "ECO Escuela de Arte". Falaremos coa súa directora, Elena Cristóbal, quen presentará os cursos a impartir por diferentes profesionais do mundo das artes. A nosa directora Alicia López comparte de novo colaboración neles co curso de "Escritura creativa e Ilustración", xunto a ilustradora Ana Santiso. Teremos a nosa habitual colaboración con FEAFES Galicia: desta volta falaremos con Marcelino Esmorís,educador social de Apem e coordinador do CEE Emprego Social, e David Novo Sánchez, un dos traballadores da empresa que realiza labores de limpeza viaria e que contará en primeira persoa a súa experiencia no CEE. Parabéns dende o Sombreiro, coma sempre, polo labor de FEAFES Galicia, que está a loitar pola integración social das persoas con enfermidade mental, nun mundo estigmatizador. Manteremos conversa telefónica coa artista uruguaia Alicia Olivera, quen presenta hoxe, ás 19:30, en Compostela, a súa nova novela "Eva y la abuela" no Espazo de Acción Cultural OLALAB, cun concerto do dúo do que forma parte, "Dúo Alicia e Rivera" e unha mostra da obra plástica de Ana Costas, "Poemas de Frío e Zinc". Non podemos pasar sen poesía no Sombreiro e por iso temos unha "Fenda" poética no espazo: desta volta, Carol Bret achéganos verso e figura de Carolina Coronado.
-
175
No Sombreiro rendemos homenaxe a Manuel María, protagonista das Letras Galegas 2016.
LETRAS GALEGAS NO SOMBREIRO DE MERLIN!! Este sábado O Sombreiro de Merlín súmase ás celebracións das Letras Galegas e centra o seu programa no figura do homenaxeado, Manuel María. No estudio de Radio Obradoiro contaremos coa presenza de Pilar Sampedro, Manuela Arcos e a nosa directora Alicia López, e faremos un programa en que a obra do autor chairego será a protagonista: dende a súa voz propia recitando "Rosas","A Fenda" de Carol Bret, a música de "Xardín Desordenando" versionando o seu poema "Ternura", recitados e cancións de Uxía, lecturas ao vivo no estudio...Quen facemos O sombreiro de Merlín quixemos facer neste programa un auténtico homenaxe ás verbas dun home íntegro, cunha das obras máis amplas e fermosas das nosas letras. Na súa honra, a nosa sección infanto-xuvenil de Pilar Sampedro, leva e levará sempre o nome de "De soños e gaiolas". Despediremos con música: o noso broche d'ouro será un dos poemas máis cantados e versionados da nosa lingua "O carro", interpretada por "Fuxan os ventos".
-
174
Panxea Comercio Xusto e a Editorial Hugin e Munin, visítannos no Sombreiro.
PANXEA E HUGIN E MUNIN NO SOMBREIRO! Comezamos programa con Esteban González, representante de "Panxea Comercio Xusto", cos que compartimos o noso "Certame de Microrrelatos" dende O Sombreiro hai xa dous anos. Desta volta queremos facer de novo apoio e seguir comprometidos co éxodo europeo e o noso tema serán "Os refuxiados". Todos os que queirades concursar enviade un texto de 250 verbas como máximo, en galego ou castelán, baixo seudónimo, a "[email protected]", tendo como data límite de envío o luns 20 de xuño. Apuntádevos á proposta que vos facemos dende O Sombreiro, Esteban González e Alicia López, representando a Panxea e O Sombreiro por un mundo máis xusto! Escoitaremos, asimesmo, dous audios cos textos "Quimera e "La prehistoria del estado futuro", da finalista da anterior edición, a investigadora Maria Joao Matos, quen desde Cambridge mantén o seu compromiso con nós, e o Premio especial otorgado a Santi Villares, mestre e colaborador noso, quen como Maria Joao, busca sempre un anaquiño de tempo para o compromiso e o arte. Mil grazas! Seguimos con literatura, presentando as novidades de Hugin e Munin co seu editor Alejandro Tobar e facendo a un tempo análise crítica da "Feira do libro" en Compostela. Hugin e Munin é un prestixiosa editorial galega que se dedica a tradución á nosa lingua de títulos clásicos e obras orixinais en diversas linguas. Unha aposta forte e honesta pola literatura, os autores e o respecto polo lector. Alejandro Tobar asistirá hoxe á I Gala do libro galego, pola súa tradución de "Mocidade" de Joseph Conrad, finalista na sección de tradución. Na nosa "Fenda", Carol Bret achéganos á Xeración do 27 a través dos versos de Concha Méndez, unha poeta que reflectiu toda unha época, que compartiu experiencia de vida con Buñuel, Lorca, Juan Ramón Jiménez, Maruja Mallo...Toda unha época vivida e transmitida a través da ollada poética que nos achega a nosa benquerida colaboradora. E temos hoxe "Marcapáxinas" ao completo: Manuel Fernández e Manuela Arcos achégannos recomendacións literarias ben suxestivas a ao alcance de tod@s!!
-
173
Miguel Fernández visita o Sombreiro para contarnos a súa experiencia coma voluntario en Idomeni.
NOVAS IMPORTANTES DENDE O SOMBREIRO DE MERLIN!! SE QUEREDES SABER AS NOVAS DO QUE ESTÁ A SUCEDER EN IDOMENI, ESCOITADE HOXE SÁBADO O NOSO PROGRAMA EN RADIO OBRADOIRO ENTRE AS 12:00 E 13:00H!! Visítanos Miguel Fernández, quen estivo coma voluntario neste enclave grego, preto dun mes e medio e contará en voz propia a realidade do día a día dos refuxiados! Estaremos acompañd@s por Pilar Sampedro, Encarna Otero Cepeda, e Carol Bret na Fenda!!
-
172
Festexamos o Día do Libro con Literatura e Música no Sombreiro.
"FELIZ DÍA DO LIBRO!" Recén chegadiñ@s de Radio Obradoiro de facer un fermosísimo programa en directo no "Día do libro", compartimos con vós os nosos contidos. Pola semana, teredes o podcast para que nos escoitedes con calma na casiña, acompañad@s de música e un bo libro! Para festexar a literatura unimos artes, convidamos á novísima pianista, Rosalía Gómez Lasheras, unha das meirandes profesionais deste magnífico instrumento, que comezou a súa andaina en Berenguela Escola de Música, ata que moi cedo, cun talento que abraiou en Europa, deu o paso a Holanda e Suiza, e está a ser considerada unha das mellores pianistas mundiais. Acompáñanos, con este motivo, Mª Xosé Cerviño, pianista e directora de Berenguela,a primeira docente xunto con Alexander Gold,coa que se formou Rosalía na nosa cidade, e Thomas Piel, docente asimesmo na Berenguela e cellista da Real Filharmonia de Galicia, para presentarnos o concerto de Cámara que terá lugar o vindeiro martes,día 26, ás 20:30h, no Paraninfo da Facultade de Historia. Non falledes,vinde escoitar a Rosalía e Thomas ao vivo no marabilloso entorno do Paraninfo!! E o noso día do libro, que mellor que celebralo con Pilar Sampedro e a homenaxe a Ledicia Costas, a través da súa figura e obra. Toda unha honra ter grazas a ela un Premio Nacional de Literatura na nosa terra! E como guinda, verbas escritas de Pedro Feijoo sobre o amor ao libro. Inesquecibles. Para completar a nosa homenaxe libresca, Carol Bret, cun dos seus melllores recitados, dedicado ao grande das letras, Don Miguel de Cervantes, en versos únicos, "de locura"! E coa escoita de Mozart e Chopin, marabillosamente interpretados por Rosalía Gómez Lasheras, agardamos ter rendido ao libro o merecido tributo!!
-
171
Visítannos "Asociación Fonte da Virxe" e a gañadora e o finalista do Concurso de Microrrelatos de Panxea e o Sombreiro.
E POR AQUÍ ASOMA XA O NOSO PODCAST DA SEMANA!! COLABORACIÓN CON FEAFES GALICIA -"ASOCIACIÓN FONTE DA VIRXE"- GAÑADOR@S E FINALISTAS DO CONCURSO DE MICROS DE PANXEA E O Sombreiro de Merlín, -Beatriz García Turnes e Guillerme Coen-; RECOMENDACIÓNS LITERARIAS DO NOSO COLABORADOR Manuel Fernández E POESÍA CON SYLVIA PLATH E Carol Bret, NA FENDA!
-
170
A nosa directora, Alicia López e o gravador Xosé Poldras, presentan "Luva Negra":poemas e gravados, a beneficio de MSF.
Este sábado no Sombreiro presentamos o Proxecto Solidario "Luva negra", unha colaboración artística entre a nosa directora, a escritora e poeta, Alicia López, e o gravador Xosé Poldras, a beneficio de Médicos sen Fronteiras. O traballo artístico consta de 9 estampas -poemas e gravados-, presentados nunha carpeta en edición de coleccionista, parte de cuxos beneficios irá destinada a esta ONG. Será presentada polos autores e contará coa presencia de María Díaz, delegada en Galicia de Médicos sen Fronteiras, coa que a nosa directora mantén unha estreita colaboración a través do noso programa dos sábados. O espíritu do proxecto é poñer as artes ao servicio desta ONG de carácter humanitario, para que poidan seguir a traballar na actual crise dos refuxiados en Europa. Haberá unha convocatoria aberta a medios, co que agardamos que esta causa chegue a toda a cidadanía. Agardámosvos o vindeiro xoves, día 14, no Salón de Actos de "El Correo gallego", na rúa Preguntoiro, 26, aquí en Compostela. Asimesmo presentaremos a tese de doutoramento do noso convidado, Xosé Poldras, que versa sobre a relación da contística tradicional e as funcións de Propp cos "Caprichos" de Goya, unha interesantísima reflexión que vos recomendamos escoitar, na voz do seu autor, nesta maña de sábado. O programa continúa coas súas seccións habituais, "A Fenda", na voz e produción da nosa colaboradora Carol Bret, quen escolle, desta volta, a gran Juana de Ibarbourou. No "Marcapáxinas", Manuela Arcos e Manuel Fernández, únense para achegarnos as mellores recomendacións literarias.
-
169
O noso colaborador, o escritor e articulista, Abraham Pérez, visita o Sombreiro para presentar o seu blog "Innombrable".
Hoxe n'O Sombreiro de Merlín recibimos a un dos nosos máis queridos colaboradores, Abraham Pérez, que ven falar do seu traballo coma escritor e articulista en medios públicos, como o diario "El Progreso", ou "Drugstore Magazine". Dialogaremos sobre creación, a importancia dos blogs coma medios de comunicación e interacción social e cultural, presentaremos o seu blog persoal, "Innombrable" e, ao compartir o noso convidado formación filosófica común coa nosa directora Alicia López, interesarémosnos polo que está a pasar na nosa Facultade de Filosofía da USC, e coa Filosofía e Humanidades no noso país, formación que ambos apoiamos e cremos imprescindible para o desenvolvemento dunha sociedade plural, crítica e libre. Coma homenaxe ao noso convidado e compañeiro de "O Sombreiro de Merlin", a directora do programa, dará lectura a un fragmento do seu relato "Fin de la historia", con música do compositor estonio Arvo Pärt. Hoxe volvemos de novo coa nosa sección "Elas contan", onde Encarna Otero seguirá a falar da nosa Rosalía de Castro, e dedicará un tempo a Ángela Ruiz Robles, a mestra galega que inventou xa no 1949 o libro electrónico, e da que poderedes atopar toda a información que desexedes no "Álbum de Mulleres" do Consello da Cultura Galega. Na sección poética "A Fenda", escoitaremos a Carol Bret presentando e recitando a Gloria Fuertes, "poeta de guardia", unha autora con moitos rexistros, algúns dos cales, agora estamos a coñecer, recoñecer e valorar. Encantadas desta achega! A sección "De soños e gaiolas", con Pilar Sampedro, achéganos dúas novas publicacións de Galaxia, e Manuel Fernández poranos ao día das novidades editoriais
-
168
Muller e arte, coa artista multidisciplinar, Mª Xosé Domínguez, no Sombreiro de Merlin.
Este sábado, no Sombreiro de Merlín, recibimos á artista multidisciplinar, Mª Xosé Domínguez. Presentamos a Exposición na rúa, "7 espazos para habitar", que pon en valor a arte en espazos non convencionais, e que se presentou na compostelana Praza do Toural, o pasado 8 de marzo. Nela participan, xunto coa nosa convidada, Amparo Malo, Basilisa Fiestras, Mery Pais, Paula Noya, e Paz Vicente. A exposición achéganos un discurso feminino contra a discriminación e a desigualdade, apoiando a ollada, o rol, o lugar e o traballo artístico da muller na nosa sociedade. E, como primicia, imos xa anunciando con María Xosé Domínguez, unha vindeira intervención,"Sons cor violeta"-sons que escoitaremos ao longo do programa-, no paseo da Alameda, para rememorar ás victimas do incendio ocurrido na fábrica téxtil "Triangle shirtwaist Factory", en Estados Unidos, o 25 de marzo de 1911.O acto terá lugar o día 25 ás 16:40. Segundo a define a nosa convidada, é "unha invitación á toma de conciencia, a través dun acontecemento real, vivido noutro espazo de tempo e territorio, que nos achega ao "outro" asumindo a complexidade e a amplitude do mundo que nos rodea". Noraboa e grazas a Mª Xosé por todo este traballo e a todas as compañeiras implicadas: anunciamos xa que, tanto a directora de O Sombreiro, Alicia López, como a responsable de "Elas contan" Encarna Otero e Pilar Sampedro, da nosa sección infanto-xuvenil, formaremos parte, con outras mulleres cuxos nomes pronto iremos coñecendo, desta intervención. Imos deseguido con Encarna Otero, quen en "Elas contan", achéganos ás pioneiras do século XIX, un grupo de mulleres, Rosalía, Concepción Arenal, Xoana de Vega e Emilia Pardo Bazán, entre outras, defensoras dos dereitos das mulleres,cultas,instruidas e feministas. Comezaremos hoxe, con Rosalía de Castro. "A Fenda", sección poética, tamén feminina esta semana, coa nosa recitadora e poeta, Carol Bret, quen nos achega a Safo de Lesbos, a través dalgúns dos máis fermosos versos escritos por esta mítica poeta lírica de Mitilene. Pechamos, coma é costume, coas recomendacións lectoras de Manuel Fernández, compañeiro responsable de "O Marcapáxinas".
-
167
FEAFES Galicia, Silvia Sancho e o Manga xaponés, e Manuel Iglesias Turnes presentando novela, no Sombreiro.
Hoxe convidamos a Antonio Hernández, director de FEAFES Galicia, que ven falar dunha máis que necesaria Xornada sobre "Ética e discapacidade". O vindeiro 6 de abril, na facultade de Filosofía, en Compostela, temos unha cita ineludible! E de novo recibimos encantadas á nosa especialista favorita en Manga xaponés, Silvia Sancho, quen nos contará o seu fermoso proxecto de investigación en Xapón, onde tentará achegar a nosa tradición oral á este natural e arraigado xeito narrativo e visual de comunicación da cultura xaponesa. Boa viaxe, Silvia, grazas pola aventura que comezas e da que tod@s nos enriqueceremos! Noraboa, pioneira! A poesía non pode faltar, e coma sempre, maxistral, Carol Bret, poeta, rapsoda , compañeira e amiga, achéganos a outro poeta, o gran namorado dos campos de Castela, Antonio Machado. E cun grande respecto e toda a nosa admiración recibimos a Manuel Iglesias Turnes Turnes, un autor especialmente querido, cuxas novelas "As rapazas de Xan" e "Que non te aten", son un oasis no que pararnos a pensar e reflexionar sobre quen son @s nos@s creador@s máis honest@s: todo o seu mundo rural, o sector gandeiro, a vida, o amor, o cambio xeracional, a ollada a través do tempo, a experiencia humana, o amor polo seu, todo iso transmite Manuel Iglesias, quen cautivou a todos coa súa conversa. Rematamos co "Marcapáxinas", con Manuel Fernández, e o seu especial xeito de achegarnos títulos, autores e obras para entreter as invernais tardes das findes!
-
166
Encarna Otero, Rafa Quintía, Euri Castillo e Silvia Sancho, no Sombreiro para falar de Muller, Manga e Antropoloxía.
Este sábado o 'Sombreiro de Merlin' estrea sección con Encarna Otero. "Elas contan", achegaranos a través da voz desta grande profesional, historiadora, política e docente galega, ás figuras das nosas mulleres máis senlleiras e de todas aquelas silenciadas, ás que trataremos de dar voz, poñer nome e compartir vida. Dende 'O Sombreiro' toda a nosa gratitude e a máis cálida benvida a Encarna Otero e a todas as mulleres que formarán parte de "Elas contan", nunha cita quincenal, aquí, no Sombreiro de Merlin, de 12:00 a 13:00hs, en Radio Obradoiro. Acompañaranos asimesmo, nos nosos estudios, Euri Castillo, xornalista que cubre a información das Xornadas "Artes Conxugadas Ao fío da Muller", que se están a desenvolver este mesmo sábado no espazo de acción cultural, Olalab, que dirixe a artista Adriana Pazos Ottón, aquí en Compostela, e nas que participan grandes mulleres de todos os eidos das artes, coas que a nosa directora, Alicia López, terá o gusto de compartir lecturas poéticas. Na sección poética "A Fenda", dirixida pola poeta e rapsoda, Carol Bret, escoitaremos a creación dunha das máis grandes poetas, Alfonsina Storni, quen inspirou sempre coa súa forza e sensibilidade, todo un xeito de ser no mundo. Recibimos tamén ao recente Premio "Vicente Risco" de Ciencias Sociais, o antropólogo Rafa Quintía, quen presentará o seu libro "Uso simbólico do cuarzo na cultura galega", editado pola SAGA (Sociedade Antropolóxica Galega). Quintía ven de publicar recentemente outro libro máis, do que falaremos nunha vindeira ocasión "La historia de Galicia en 50 lugares", na colección Cydonia. Máis arte no Sombreiro con Silvia Sancho, a máis nova experta en Manga xaponés en Galicia, licenciada en Belas Artes, que marcha en breve cara este país como investigadora. Silvia volverá o vindeiro sábado ao Sombreiro para falarnos en profundidade deste xénero do que é especialista. Despedimos cunha recomendación de dúas Antoloxías por parte de Pilar Sampedro en "De Soños e Gaiolas", que desenvolverá máis polo miúdo no vindeiro sábado.
-
165
No Sombreiro conversamos con MSF sobre o conflicto sirio, e presentamos libro con Miguel Losada e Pedro G.Losada da SAGA
Hoxe falaremos do conflicto Sirio con María Diaz de Médicos sen Fronteiras; recibiremos a dous membros da SAGA (Sociedade Antropolóxica Galega): o seu secretario, Miguel Losada, quen presenta libro viaxeiro "Albión Galaica" e ao retratista Pedro G. Losada, quen nos falará desa excepcional reportaxe fotográfica que fixo no Entroido e que podedes ver en toda a súa beleza na nosa galería fotográfica; Carol Bret, preséntanos unha poeta, e nós, encantad@s de coñecela: Joyce Mansour. Rematamos co "Marcapáxinas" e as orixinais recomendacións do noso compañeiro Manuel Fernández!
-
164
O Sombreiro recibe a Manuel Portas para presentar a súa última novela "Lourenço, xograr".
Bo día a tod@s!!Agardamos que disfrutarades moito co noso programa de hoxe!!! Magnífico Manuel Portas, coa súa verba vital e xograresca, toda unha bagaxe profesional nunha achega ben literaria! Con Pilar Sampedro poidemos disfrutar da mellor poesía en lingua galega, con temas que a nosa mocidade sinte coma seus, todo isto, grazas a Carlos Negro! Amantes da poesía, tivemos máis: Carol Bret recitou, e como!, a Pablo Neruda...e Manuel Fernández e Manuela Arcos puxeron tarefa lectora para a finde!
-
163
O trío musical Iloube e o editor Alejandro Tobar coas novidades de Hugin e Munin visitan o Sombreiro.
Boas e chuviosas mañás!!! Nós achegámosvos a mellor música para compensar, co trío musical Iloube, con Iván Novo ao violín, Beatriz Álvarez na voz, e Lourdes Sánchez ao teclado; as mellores novidades editoriais con Hugin e Munin e Alejandro Tobar; a literatura infantil e xuvenil con Pilar Sampedro, e a máis fermosa sección poética con Carol Bret. A mal tempo...boas letras e boas músicas!
-
162
Feafes Galicia coa campaña 'Mentalízate' e o cantautor Tato López no Sombreiro.
Hoxe retomamos colaboración con FEAFES, e facémolo cun tema tan importante como é, "Adolescencia e saúde mental". Raquel León falaranos da campaña "Mentalízate", á que vos convidamos a tod@s! Poesía e Fenda coa nosa colaboradora Carol Bret, que trae a Rosalía, si , á nosa Rosalía na voz de Carol...como para perdelo... E presentamos disco, imos "Más allá de las palabras" con Tato López, verbas e música nesta chuviosa mañá, máis "Sal a respirar"...aquí, no 101.2 FM, Santiago. Rematamos co "Marcapáxinas" e as orixinais e ben contadas recomendacións literarias que nos traen Manuela Arcos e Manuel Fernández.
-
161
MSF, Fuco Reyes con 'La persistencia del desierto', e a nova sección de literatura infanto-xuvenil con Pilar Sampedro.
"O Sombreiro de Merlin" ven hoxe cargado de novas: comezamos con María Diaz de "Médicos sen Fronteiras", o conflicto do Yemen e os bombardeos dos seus hospitais; continuamos con Fuco Reyes, quen nos achega ao pobo saharui e os seus 40 anos de desterro en Alxeria a través da súa reportaxe fotográfica, "A persistencia do deserto". A poesía pona Carol Bret, desta volta cun creador abraiante, unha novísima voz que tod@s debemos coñecer, Félix Francisco Casanova. Presentamos sección de literatura infanto-xuvenil, da man dunha profesional no ámbito, da altura de Pilar Sampedro: "De soños e gaiolas", inspirados por Manuel María, toda unha honra."Marcapáxinas" con Manuel Fernández e Manuela Arcos. Dirección, presentación e postproducción a cargo de Alicia López.
-
160
A directora da Escola Berenguela, Ana Costas e Isabel Couselo, e Irfan Guler, no Sombreiro!
HOXE, MªXOSÉ CERVIÑO, DIRECTORA DA ESCOLA DE MÚSICA BERENGUELA NO SOMBREIRO, XUNTO COA EXPOSICIÓN "16 OU 20 CONTIDOS DESBORDADOS" E O TRADUTOR IRFAN GULER! TRES PERSOAS E TRES MUNDOS CULTURAIS UNIDOS ÁS 12:00HS, NO SOMBREIRO DE MERLIN! SINTONÍZANOS XA E ESCOITA FERMOSAS VERBAS E POESÍA CON CAROL BRET
-
159
O Sombreiro con Contos de Nadal, homenaxe a Neira Vilas e Carlos Oroza
CONTACONTOS NO SOMBREIRO!! Para os dormilóns e dormilonas, lembrámosvos que hoxe contamos contos de 12.00 a 13:00h!! Santi Villares e Manuela Arcos acompañan á nosa directora Alicia López: contos e homenaxe a Xosé Neira VIlas, inesquecible para tod@s nós. E un regalo especial: máis homenaxes, con Carol Bret: Carlos Oroza na Fenda!! Nadal de Contos con vós sempre no Sombreiro!!!
-
158
Balance do 2015 con FEAFES Galicia e o seu presidente Dr. Xosé Ramón Girón.
Hoxe recibimos no Sombreiro de Merlin a FEAFES Galicia: balance do 2015 co seu presidente, Xosé Ramón Girón. Achegámonos a temas como emprego, exclusión social, artes ou muller, sempre dende unha perspectiva aberta de normalizacion e visibilización, cara un futuro onde a integración plena sexa posible. Máis dun ano de estreita colaboración con esta Federación de Asociaciones pro Saúde Mental coa que desenvolveremos máis compromiso activo cara o 2016. Deseguido voz e ton poéticos no Sombreiro dende "A Fenda", a sección que dirixe e produce a nosa colaboradora, poeta e rapsoda, Carol Bret; desta volta, un poeta imprescindible, Walt Whitman. No "Marcapáxinas" Manuel Fernández e Manuela Arcos achegan as mellores recomendacións literarias coma todas as semanas, cunha nova homenaxe ao recentemente falecido Xosé Neira Vilas.
-
157
A xornalista Beatriz Alonso Cabaleiro visita O Sombreiro de Merlin!!
O XORNALISMO CON DÚAS XORNALISTAS HOXE NO SOMBREIRO! Hoxe no Sombreiro facemos un programa sobre xornalismo con dúas xornalistas de carreira e profesión: a nosa colaboradora Manuela Arcos e a nosa convidada Beatriz Alonso Cabaleiro. A directora do programa, Alicia López, farase cargo da sección de Médicos sen Fronteiras, en "A fenda", Gabriela Mistral na voz de Carol Bret.
-
156
O Departamento de Corda da Escola Berenguela no Sombreiro.
Este sábado, directo de luxo no Sombreiro: a Directora da Escola de Música Berenguela e algúns dos seus máis senlleiros músicos e docentes visitan o noso programa en Radio Obradoiro. Además da nosa directora, a pianista e organista Mª José Cerviño, acompañarannos músicos da altura do alemán, natural de Colonia,Thomas Piel, un dos mellores violoncelistas mundiais, quen imparte docencia na devandita Escola, ademais de ser membro da Real Filharmonía de Galicia en Santiago; asimesmo, acompañaranos outro cellista insigne, o galego Millán Abeledo, membro asimesmo da Real Filharmonía e docente na Berenguela deste instrumento. Acompañando aos cellistas estará o cubano Ernesto Fidel Díaz Vera, un dos meirandes violinistas mundiais que temos nestes intres na nosa cidade impartindo docencia. Todo un privilexio para os composteláns!
-
155
O Sombreiro vístese de negro pola Eliminación da Violencia contra a Muller, con Olalla D. Boo e Panxea.
HOXE NO "SOMBREIRO DE MERLIN", SUMÁMONOS AO DÍA INTERNACIONAL POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER: nós tamén dicimos BASTA XA! TOD@SDENEGRO: No Sombreiro de Merlin reunímonos hoxe para festexar Premios e Premiad@s do Concurso de Microrrelatos de Panxea e o Sombreiro de Merlin sobre "A Panela": con nós estarán algúns dos gañadores e gañadoras, entre eles, dous docentes de secundaria, Berta Mata e Víctor Santidrían, o arquitecto Santiago Domínguez Baltar e a experta en comunicacións, Ruth Ríos,quen repite premio con nós. Teremos unha lembranza especial para aqueles que non puideron acompañarnos: a investigadora Maria Joao Matos, quen está arestora en Cambridge,a escritora Silvana Lameiro, en Heidelberg,e a antropóloga Isabel Cribeiro. Seguimos con arte: entrevistamos a Olalla Diéguez Boo, profesora de Ilustración en Eco Arte, coa que falaremos do proceso creativo dentro da aula, e anunciamos unha colaboración entre os escritores de Berenguela e os ilustradores de Eco Arte. A nosa sección "O Marcapáxinas" recae, desta volta, en Manuel Fernández, e Susana Vázquez, segue a iluminar os nosos coñecementos sobre a escritura. Despedimos cun audio de Gioconda Belli, escritora nicaragüense, coa que apoiamos o Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra a Muller.
-
154
Alberte Santos, con "O rebumbio dos vagalumes", e APEM Coruña con colaboradores de Radio Nordés, no Sombreiro.
Presentamos novela no Sombreiro de Merlin: "O Rebumbio dos vagalumes" (Laiovento), chega a nós a través da voz do autor, Alberte Santos, en conversa telefónica. Recibimos encantad@s a APEM Coruña, en concreto a representantes do seu centro en CEE: a terapeuta ocupacional Inés Cambeiro, e aos usuarios, José Luis Giménez e Juan Garcia. colaboradores da Tertulia que nas mañás achéganos Radio Nordés, dirixida por Pepe Formoso, dentro da Cadena SER en Galicia. Toda una experiencia que repetiremos!!Con Carol Bret, lembramos en "A Fenda" a un dos nosos máis xenuinos poetas, Lois Pereiro, no "Marcapáxinas", con Manuel Fernández e Manuela Arcos, poñemosvos aos día das novidades lectoras. Como peche, Susana Vázquez estrea contidos, historia e historias da escrita! E, o vindeiro mércores, unímonos á celebración do "Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller", alí estaremos tod@s!!! Bicos e feliz finde!!!
-
153
MSF, Adriana Pazos Ottón con OLALAB, e Rosana Digón da Escola de Música Berenguela!
María Díaz pon voz a Médicos sen Fronteiras: Kunduz, o Ébola e unha nova campaña de vacunación; Adriana Pazos, responsable do espazo compostelán de arte OLALAB, e Rosana Digón, profesora de Linguaxe Musical na Escola de Música Berenguela, son as nosas convidadas. Sección poética, "A Fenda" con Carol Bret, "Marcapáxinas", con Manuela Arcos, e historia do libro con Susana Vázquez. Gañadores e gañadoras do Concurso de Microrrelatos de Panxea e O Sombreiro de Merlin, en exclusiva dende O Sombreiro, Radio Obradoiro, Compostela!
No matches for "" in this podcast's transcripts.
No topics indexed yet for this podcast.
Loading reviews...
ABOUT THIS SHOW
Programa radiofónico de Radio Obradoiro dedicado a literatura, música y humanidades en general.
HOSTED BY
O sombreiro de Merlín
CATEGORIES
Loading similar podcasts...